InicioPOLÍTICAAitor Bouza critica a convocatoria do pleno extraordinario deste luns como unha...

Aitor Bouza critica a convocatoria do pleno extraordinario deste luns como unha manobra de distracción

O secretario xeral dos socialistas acusa á alcaldesa de falta de criterio e responsabilidade na xestión das VUT

Publicado o

Xornal de Compostela

Aitor Bouza, secretario xeral da agrupación socialista de Santiago, lanzou duras críticas contra a alcaldesa Goretti Sanmartín pola convocatoria dun pleno extraordinario destinado a votar a nova ordenanza sobre vivendas de uso turístico (VUT). Bouza considera que a convocatoria do pleno ten como fin “tapar a súa irresponsabilidade e falta de criterio” respecto a este tema.

Segundo Bouza, o pleno extraordinario programado para este luns non é máis que unha medida superficial, xa que o tema podería terse xestionado mediante un procedemento administrativo máis sinxelo e accesible na web do Concello. “Celebra un pleno para que pareza que fai algo cando nin é decisivo e podía aforralo colgando un papel de trámite na web do Concello”, afirmou Bouza nunha nota de prensa.

A nova ordenanza que se someterá a votación delimita os requisitos e a documentación necesaria para aqueles que desexen ofrecer a súa vivenda como aloxamento turístico, limitado a un máximo de 60 días ao ano, cando a propiedade constitúa a residencia habitual do ofertante.

Ademais, Bouza destacou que a regulación actual das vivendas turísticas na zona vella de Santiago e outras limitacións na cidade son froito das medidas adoptadas durante o mandato do anterior alcalde socialista, Xosé Sánchez Bugallo, e acusou ao BNG de non tomar accións decisivas nesta materia. “Nós, con Bugallo, aprobámolo o 16 de febreiro de 2023. O BNG non prohibiu nada, abstívose, e o PP votou en contra de limitalas”, explicou.

O secretario xeral dos socialistas tamén cuestionou a consistencia da alcaldesa no seu posicionamento e a súa capacidade de xestión. Por último, Bouza lembrou que a alcaldesa “está en minoría” e instouna a “traballar polo diálogo” e a tomar medidas como a declaración de Santiago como mercado tensionado para controlar os prezos dos alugueres.

Pese ás críticas, Bouza adiantou que a dirección local do partido optará por abstenerse na votación do luns, aínda que existen diferenzas internas dentro do grupo municipal respecto a esta decisión.

ÚLTIMAS

María José López Couso aborda no Pazo de Raxoi a colaboración entre a USC e o Concello de Santiago

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, María José López Couso,...

Joaquín Goris amplía o seu contrato co Compos ata 2027

A SD Compostela anunciou a renovación de Joaquís Goris Abelenda por unha tempada máis,...

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...