InicioPOLÍTICAAsí votaron os líderes galegos: Besteiro e Pontón, os primeiros, agardan unha...

Así votaron os líderes galegos: Besteiro e Pontón, os primeiros, agardan unha importante mobilización

A portavoz do BNG manifesta a importancia de decidir o papel de Galicia e o modelo de Europa desexado

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, dixo que espera unha “importante mobilización” este domingo de eleccións europeas, á vez que apelou a toda a cidadanía a “decidir que Galicia en Europa quere”. En declaracións aos medios tras votar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago sobre as 10.30 horas, a líder nacionalista manifestou que exerceu este dereito “con toda a ilusión” e coa “convicción” de que Galicia se xoga “moito en Europa”.

“Hoxe é un día para reclamar que a cidadanía vote. Que os galegos e galegas voten pensando en quen pode defender mellor os seus intereses en Europa. Que voten pensando no que nos estamos xogando neste momento e que utilicen o poder que lle dá o voto para decidir que Galicia en Europa queren e tamén que modelo de Europa desexan para o futuro”, explicou.

Pontón, acompañada da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, entre outros, desexou unha “participación relevante” e “importante” nos comicios comunitarios.

Así, a portavoz nacional do Bloque –que acode a estas eleccións na coaliación Agora Repúblicas– lembrou que o voto é “un dereito” que custou “moito tempo conquistar” e insistiu na idea do “importante” que é decidir “cal é o papel” tanto de Galicia en Europa como da propia Europa “no mundo”.

BESTEIRO, O MÁIS MADRUGADOR

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, foi o líder político galego máis madrugador e acudiu ao seu colexio electoral en Lugo sobre as 9.30 horas da mañá deste domingo. Tras exercer o seu dereito a voto, apelou á cidadanía a participar nos comicios europeos. “Votar por Europa é votar por nós”, dixo, en declaracións aos medios, tras depositar a papeleta nunha das urnas do CEIP Rosalía de Castro de Lugo.

O líder dos socialistas galegos lanzou unha mensaxe clara pola participación: “É moi importante, porque Europa está moi presente nas nosas vidas e o que pase en Europa aféctanos directamente”.

“Así que ánimo, a votar por unha Europa forte fronte a quen pretende destruíla”, insistiu Besteiro.

 

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here