InicioMOV. SOCIAISA comunidade universitaria en defensa a Palestina carga contra a "hostilidade" da...

A comunidade universitaria en defensa a Palestina carga contra a “hostilidade” da USC

A comunidade estudantil solicita á USC un compromiso explícito coa causa palestina e acusa á institución de actitudes hostís

Publicado o

Xornal de Compostela

Dende mediados de maio, a Facultade de Historia da USC convértese no escenario dunha acampada estudantil en defensa do pobo palestino, que criticou duramente a dirección da USC e o decanato por unha suposta actitude “hostil”. Segundo os participantes, que oscilan entre “70 e 80 persoas” de forma permanente, a universidade trata de “desprestixiar” a súa acción con “mentiras” nos medios e “presións” sobre os integrantes.

Nunha comparecencia ante os medios realizada esta mañá, os manifestantes anuncian que están citados para unha reunión con Antonio López, reitor da USC, á cal lle trasladarán un manifesto de 17 puntos. Entre as demandas, destaca a petición para que a universidade rompa relacións con empresas e entidades que apoiaron “o xenocidio” do pobo palestino, e a visibilización da denuncia deste xenocidio nos edificios oficiais da USC.

Os acampados acusan á dirección da USC de complicidade co sionismo e de iniciar unha “campaña de desprestixio” na comunidade universitaria para desacreditar a voz da protesta. Reclaman o fin da “hipocrisía” da institución e a adopción de medidas concretas, afirmando que non están dispostos a negociar e que outras universidades, como a Universitat de Barcelona, xa asumiron compromisos similares.

Ademais, criticaron aos “políticos profesionais” por tratar de cooptar os movementos de base e pretender dirixir a protesta mentres forman parte da “armazón burocrática europea que participa do xenocidio”. Após a reunión co reitorado, decidirán en asemblea os seguintes pasos a seguir, mentres continúan cunha campaña de recollida de firmas en apoio á súa causa.

ÚLTIMAS

Sanmartín asiste á entrega das Medallas de Galicia, concedidas aos alcaldes do Porto e Braga

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, participou este 24 de xullo na...

Vítimas do accidente de Angrois denuncian que “o Estado non resposta” nin asumiu “ningunha responsabilidade”

A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois en xullo de 2013...

Reunión do consello de administración do Consorcio de Santiago e a Xunta promete manter a súa achega para 2026

O Consorcio de Santiago de Compostela reuniu este xoves, véspera do 25 de xullo,...

O CiMUS da USC identifica un novo mecanismo que fortalece a acción dunha proteína clave contra o cancro

O grupo de investigación ‘Virus and Cancer’, do Centro Singular de Investigación en Medicamento...

Vítimas do accidente de Angrois denuncian que “o Estado non resposta” nin asumiu “ningunha responsabilidade”

A plataforma de vítimas do accidente do tren Alvia ocorrido en Angrois en xullo de 2013...

Vítimas de Angrois esixen un novo informe sobre o accidente do que só se culpa ao maquinista doce anos despois

Vítimas do descarrilamento do tren Alvia ocorrido en Angrois (Santiago) en xullo de 2013...

Artistas galegos promoven un acto por Palestina con música, cinema e poesía na Oficina Rúa

O espazo Oficina Rúa, na rúa San Pedro de Santiago de Compostela, acollerá o...