InicioPOLÍTICAO PSdeG denuncia deficiencias nas obras da vía de acceso ao colexio...

O PSdeG denuncia deficiencias nas obras da vía de acceso ao colexio de educación especial de A Barcia

Os socialistas afirman que a actuación municipal empeorou o estado da estrada e reclaman unha intervención inmediata adaptada ás necesidades do alumnado

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago criticou o estado no que quedaron as obras executadas polo Goberno local na vía principal de acceso ao Colexio de Educación Especial da Barcia, ao considerar que a actuación realizada non solucionou os problemas existentes e, segundo sostén, empeorou as condicións de mobilidade no entorno do centro.

A súa concelleira Marta Abal sinalou que antes da intervención a calzada xa presentaba diversas irregularidades e fochancas que, segundo indican, obrigaban ao alumnado e ás familias a extremar as precaucións nos desprazamentos, especialmente no caso das persoas usuarias de cadeiras de rodas. Porén, sosteñen que os traballos executados deixaron a superficie nun estado máis complexo para a circulación e consideran que a situación pode supoñer dificultades adicionais para o alumnado con mobilidade reducida.

Os socialistas cuestionan tamén a explicación ofrecida polo responsable municipal sobre o tipo de actuación realizada. Segundo indican, o concelleiro tería argumentado que se trata dunha vía con escaso tránsito e que, por ese motivo, non se consideraba necesaria unha actuación mediante asfaltado en quente. O PSdeG rexeita esa valoración e asegura que por esa estrada circulan diariamente autobuses escolares, vehículos de servizo e reparto, ademais das persoas usuarias vinculadas ao funcionamento ordinario do centro, que dispón de comedor e residencia.

Na súa valoración, o grupo da oposición considera que a situación evidencia unha falta de atención ás necesidades das persoas usuarias do centro educativo e ás condicións de accesibilidade do entorno. Ademais, aseguran compartir o malestar expresado pola ANPA do Colexio da Barcia, coa que afirman manter contacto continuado.

ÚLTIMAS

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

As non adscritas apoian a ILP Lingua Vital e levarán ao Pleno de Santiago unha moción para defender o galego

As concelleiras non adscritas do Concello de Santiago formalizaron o seu apoio á Iniciativa Lexislativa...

Saleta Chao toma posesión como concelleira de Facenda de Santiago

Saleta Chao Rivas (BNG) incorpórase dende hoxe á Corporación municipal de Santiago de Compostela...

O pleno aproba unha moción do PP para reforzar o control do servizo de axuda no fogar e mellorar as condicións das traballadoras

O Pleno do Concello aprobou este luns unha proposición presentada polo Partido Popular para...

O PSdeG denuncia que dous alumnos do CEE A Barcia non poden asistir ás clases por falta de transporte adaptado

O secretario xeral do PSdeG en Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, denunciou este...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here