InicioPOLÍTICAO PP reclama un plan integral para recuperar a Igrexa de Santa...

O PP reclama un plan integral para recuperar a Igrexa de Santa Susana ante o seu deterioro

O concelleiro popular José Antonio Constenla denuncia pintadas, humidades e rotura de cristais no templo do parque compostelán, onde se conserva un retablo de 1709

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular José Antonio Constenla, esixiu ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta que adopte medidas urxentes para a recuperación e posta en valor da Igrexa de Santa Susana e da súa contorna, encravada no corazón da cidade no parque da Alameda.

Segundo Constenla, o primeiro paso que debería dar o executivo local sería a elaboración dun plan integral de intervención sobre o edificio, que podería articularse con recursos propios ou mediante a colaboración do Consorcio de Santiago ou doutras administracións. O concelleiro popular subliña que este plan debería ter como eixo central a protección dos elementos de valor histórico-artístico que aínda se conservan no interior do templo.

Entre as propostas concretas que formula o edil, destacan a instalación dun sistema de videovixilancia adaptado á normativa vixente para previr actos vandálicos, así como o establecemento dun programa regular de mantemento e limpeza que free o deterioro progresivo do conxunto. A estas medidas de carácter preventivo, Constenla engade a necesidade de colocar sinalización e paneis interpretativos que dean a coñecer o valor histórico, cultural e patrimonial do lugar, especialmente entre a poboación máis nova.

O concelleiro tamén aposta por integrar o recinto nos itinerarios culturais e turísticos da cidade, co obxectivo de reforzar a súa presenza na oferta patrimonial compostelá.

Constenla recordou asemade que o PP xa levou esta cuestión ao Pleno municipal hai máis de sete anos, cunha iniciativa aprobada naquel momento que instaba a regularizar a situación do recinto, garantir o seu mantemento e avanzar na recuperación do edificio. “Con todo”, sinalou, “a situación actual da igrexa e a súa contorna pon de manifesto a insuficiente atención prestada nos últimos tempos e a necesidade de reactivar o impulso político para actuar sobre este espazo singular da cidade”.

O estado no que se atopa o edificio é, segundo o concelleiro popular, impropio da súa relevancia, “con pintadas, humidades e rotura de cristais, que reflicten unha situación de abandono continuado por parte do goberno nacionalista”. O edil advertiu de que esta circunstancia non é só un problema estético, xa que “compromete a conservación do patrimonio, permitindo a entrada de auga e aves ao interior do templo, onde se conservan elementos artísticos de valor, como o retablo datado en 1709“.

Constenla concluíu que a repetición dos incidentes vandálicos demostra que as intervencións puntuais de limpeza ou reparación non son suficientes sen un respaldo estrutural de protección.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here