InicioPOLÍTICAO Goberno local defende a súa política de vivenda fronte ás críticas...

O Goberno local defende a súa política de vivenda fronte ás críticas do Partido Popular

Míriam Louzao asegura que o Concello ten unha estratexia activa e reclama á Xunta o exercicio das súas competencias

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira Míriam Louzao respondeu ás críticas do Partido Popular sobre a situación da vivenda en Santiago defendendo que o Goberno municipal “leva traballando desde o minuto un do mandato cunha estratexia clara” neste ámbito.

Louzao cuestionou as declaracións do portavoz popular, Borja Verea, e sinalou que as competencias en materia de vivenda corresponden á Xunta de Galicia, á que instou a asumir o seu papel. “O señor Verea faría mellor en preocuparse polo que está facendo a Xunta”, indicou.

A edil puxo como exemplo datos recentes sobre a evolución dos prezos, asegurando que en Santiago o custo da vivenda medrou por debaixo doutros concellos galegos, tanto no mercado de compra como no de alugueiro. Segundo explicou, a cidade rexistrou un incremento do 3,10% no prezo por metro cadrado e do 8,5% no alugueiro, cifras inferiores ás doutros municipios.

Neste sentido, insistiu na necesidade de que a Xunta declare Santiago como zona de mercado residencial tensionado, unha medida que permitiría aplicar mecanismos de contención de prezos. “Seguimos agardando esa resolución”, afirmou.

Louzao destacou tamén varias actuacións impulsadas polo Concello, como a creación do Rexistro de Soares, a regulación das vivendas de uso turístico ou a posta á venda de parcelas municipais para promover nova construción residencial. Ademais, avanzou que o executivo local continúa traballando na creación dunha empresa municipal de vivenda.

A concelleira subliñou que o obxectivo é incrementar a oferta tanto de alugueiro como de compra, mediante a mobilización de solo e a colaboración con entidades privadas, ao tempo que criticou decisións adoptadas en anteriores mandatos, como a desaparición da empresa municipal de vivenda.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here