InicioPOLÍTICALouzao critica as declaracións da Xunta sobre os aeroportos e reclama unha...

Louzao critica as declaracións da Xunta sobre os aeroportos e reclama unha política galega coordinada

A concelleira de Turismo de Santiago responde ao director da Axencia de Turismo e acusa á Xunta de non asumir as súas competencias en materia aeroportuaria

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira de Turismo de Santiago, Míriam Louzao, manifestou a súa sorpresa e rexeitamento ante as recentes declaracións do director da Axencia de Turismo de Galicia sobre a suposta “visión localista” dos concellos con aeroportos. A edil cualificou estas afirmacións como “absolutamente intolerables” e asegurou estar “totalmente atónita” pola interpretación realizada desde o organismo autonómico.

Louzao defendeu que tanto ela como a alcaldesa compostelá levan anos reclamando unha política aeroportuaria de ámbito galego, que debería estar liderada pola Xunta como administración con competencias supramunicipais. Segundo indicou, esta demanda foi reiterada ao longo do actual mandato en distintos foros institucionais, sen obter resposta por parte do Goberno galego.

Neste contexto, a responsable municipal sostivo que, ata o momento, foron os propios concellos os que asumiron tarefas relacionadas coa captación de rutas aéreas e promoción, incluíndo contactos coas compañías e campañas de márketing. “É cada concello o que tivo que estar sostendo este traballo”, sinalou, ao tempo que comparou a situación galega coa doutros territorios onde, segundo afirmou, os gobernos autonómicos si impulsan a conectividade aérea.

A concelleira tamén fixo referencia á evolución do aeroporto compostelán, indicando que, tras a reapertura da pista, o aeródromo Rosalía de Castro contará con ata sete conexións internacionais, resultado das accións desenvolvidas nos últimos meses. Neste sentido, interpretou o recente anuncio da Xunta de implicarse na promoción aeroportuaria como un cambio de postura que, ao seu xuízo, evidencia a falta de actuación previa neste ámbito.

Louzao insistiu en que o Concello de Santiago mantivo unha posición de “altura de miras e xenerosidade”, apostando por un modelo coordinado para o conxunto de Galicia. Así mesmo, expresou a súa disposición a manter unha reunión co director da Axencia de Turismo para abordar esta cuestión, lembrando que leva “case tres anos” solicitando ese encontro sen que, segundo afirmou, se chegase a concretar.

ÚLTIMAS

O Seprona investiga tres persoas en Vedra por un incendio forestal causado por unha queima non controlada

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil da Coruña investiga a...

O Concello de Santiago reforza a ludoteca das Fontiñas cun novo contrato que aumenta un 47% as horas de monitorado

O Concello de Santiago de Compostela aprobou en sesión extraordinaria da Xunta de Goberno...

UCIN Santiago denuncia a falta de medidas de accesibilidade nas procesións da Semana Santa

O partido UCIN denunciou este sábado a falta de medidas específicas de accesibilidade por...

Fillas de Cassandra presentan en Santiago a exposición ‘TERTÚLIA’ cunha escoita anticipada do seu novo proxecto

O dúo vigués Fillas de Cassandra presentará en Santiago de Compostela a exposición ‘TERTÚLIA:...

O pleno de Santiago aproba unha moción para mellorar o campo de fútbol da Merced en Conxo

O pleno municipal de Santiago deu luz verde á moción presentada polo Grupo Municipal...

O PP denuncia o peche prolongado do centro sociocultural de Villestro e reclama a súa reapertura inmediata

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Ramón de la Fuente, denunciou a...

O PSdeG reclama melloras na información e apoio ao comercio polas obras en Pontepedriña

O Grupo Municipal Socialista de Santiago, a través da concelleira Marta Abal, defendeu no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here