InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago impulsa a rehabilitación de cinco edificios na rúa...

O Concello de Santiago impulsa a rehabilitación de cinco edificios na rúa da Caramoniña para crear nove vivendas públicas

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou actuacións urbanísticas, convenios sociais e a creación dun novo Foro de Turismo Sustentable

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago aprobou hoxe na Xunta de Goberno Local celebrada este luns varias actuacións relacionadas con urbanismo, vivenda, servizos sociais e participación no ámbito turístico, entre as que destaca o inicio do proceso para rehabilitar cinco edificios municipais situados na rúa da Caramoniña, na cidade histórica, co obxectivo de crear nove vivendas públicas en réxime de alugueiro.

A portavoz do goberno municipal, Míriam Louzao, informou de distintos acordos adoptados na reunión, mentres que o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, detallou o proxecto de rehabilitación destes inmobles municipais.

A Xunta de Goberno acordou adxudicar a redacción do proxecto básico, o proxecto de execución e a dirección facultativa das obras de rehabilitación dos cinco edificios municipais da rúa da Caramoniña ao estudo Star Arquitectos SLP, por un importe de 49.997,20 euros, IVE incluído.

Segundo explicou Lestegás, trátase de cinco construcións municipais que suman 587 metros cadrados construídos, situadas nunha parcela de titularidade pública obtida en 2005 por cesión obrigatoria vinculada ao desenvolvemento urbanístico da unidade de execución U4, entre a Travesa Escultor Soler e a rúa de Teo.

Os inmobles permanecen actualmente en estado de ruína, aínda que o goberno municipal considera que forman parte da arquitectura popular da cidade histórica e, polo tanto, deben ser recuperados.

A rehabilitación permitirá habilitar nove vivendas municipais en alugueiro, o que, segundo Lestegás, constituirá “o inicio dun parque público municipal de vivenda na cidade histórica obtido a través da rehabilitación de edificios en ruínas”.

O investimento total previsto para esta actuación sitúase por riba dos 930.000 euros, aínda que a cifra definitiva dependerá do proxecto técnico que se redacte.

O contrato establece tres meses para elaborar o proxecto básico e dous meses para o proxecto de execución, tras o que se procederá á licitación das obras. A duración global prevista do contrato é de dous anos, incluíndo a dirección das obras e a elaboración do libro do edificio.

Lestegás explicou que esta rehabilitación será a primeira intervención dentro da estratexia municipal para crear un parque público de vivenda en alugueiro.

O concelleiro avanzou tamén que o Concello estuda adquirir novos edificios na cidade histórica para rehabilitalos, unha posibilidade que se abre tras a obtención de ingresos derivados da alienación de parcelas do patrimonio municipal do solo.

“Antes de adquirir novos edificios e rehabilitalos, temos que rehabilitar os que xa temos”, sinalou o edil.

OUTRAS ACTUACIÓNS URBANÍSTICAS E LICENZAS APROBADAS

Durante a sesión tamén se aprobaron diversas actuacións urbanísticas e licenzas de obra. Entre elas figura a segregación dos predios situados no Cantón do Toural número 9 e Entre Murallas número 6, que formaban parte dunha mesma propiedade.

Así mesmo, concedéronse licenzas para rehabilitar tres edificios situados na rúa de Teo 25, Toural 9 e Arzúa 14.

No ámbito da contratación municipal, aprobouse tamén a adxudicación da dirección facultativa das obras do centro de maiores da rúa San Pedro de Mezonzo, por un importe de 71.632 euros, á empresa Cota Arquitectura, Urbanismo e Construcción SL.

NOVA SALA DE USOS MÚLTIPLES NO CENTRO SOCIOCULTURAL DA ROCHA FORTE

A Xunta de Goberno deu luz verde ao convenio de cooperación coa Deputación da Coruña para financiar a construción dunha sala de usos múltiples no centro sociocultural da Rocha Forte, instalación de titularidade provincial.

O proxecto consistirá na creación dun adro cuberto e protexido que permitirá organizar actividades cunha maior capacidade que a actual, xa que o salón existente só admite arredor de 50 persoas, unha limitación habitual debido á intensa programación da asociación cultural da zona.

O orzamento base da actuación ascende a 172.318,33 euros, que se elevará ata 187.896,41 euros ao incluír os contratos de dirección de obra e control arqueolóxico.

A Deputación da Coruña financiará o 60 % do proxecto, mentres que o Concello achegará 74.000 euros, o que supón o 39,38 % restante.

APOIO MUNICIPAL A PROGRAMAS DE ATENCIÓN A PERSOAS SEN FOGAR

A Xunta de Goberno tamén aprobou a xustificación de dous convenios nominativos correspondentes ao exercicio 2025 destinados a programas sociais.

Un deles corresponde á Cruz Vermella Española, con 100.000 euros para programas de atención a persoas sen fogar e teleasistencia. O segundo convenio é con Cáritas Diocesana, cunha achega de 120.000 euros destinada á atención primaria interparroquial e ao programa ALARES, que xestiona vivendas de transición para persoas sen fogar.

Louzao lembrou que na cidade de Santiago entre 20 e 25 persoas dormen habitualmente na rúa, cunha idade media de 48 anos, e cunha maior vulnerabilidade detectada entre mulleres e persoas migrantes.

Neste contexto, o Concello traballa na creación dun Centro de Acollida e Inclusión de media estadía, que ofrecerá un espazo estable e acompañado profesionalmente para facilitar itinerarios de inclusión social e laboral.

CREACIÓN DO FORO DE TURISMO SOSTIBLE

Outra das decisións adoptadas foi a aprobación do regulamento do novo Foro de Turismo Sustentable, que substituirá ao anterior Consello Municipal de Turismo e será elevado ao pleno municipal.

Este órgano terá unha función consultiva e de diálogo entre administracións, entidades e sectores vinculados ao turismo, ademais de asumir o seguimento do imposto sobre as estadías turísticas.

O foro contará cunha composición máis ampla que o organismo anterior e incluirá representantes do Concello, grupos municipais, entidades do sector turístico, asociacións veciñais, Universidade de Santiago, Fundación Catedral, Cámara de Comercio, aeroporto de Santiago, estación intermodal, empresas municipais e entidades sociais, entre outros.

O plenario reunirase polo menos dúas veces ao ano, mentres que a comisión permanente celebrará tamén un mínimo de dúas reunións anuais.

DEBATE SOBRE OS ORZAMENTOS MUNICIPAIS

Durante a comparecencia, Louzao referiuse tamén á negociación dos orzamentos municipais, indicando que o goberno local confía en que PSOE e concelleiras non adscritas apoien as contas.

Segundo afirmou, o proxecto orzamentario incorporou “moitas das cuestións que demandaban” estes grupos e advertiu de que votar en contra “suporía opoñerse ao avance de Santiago de Compostela”.

A portavoz sinalou que a aprobación das contas é necesaria para poder activar subvencións nominativas e diversos proxectos municipais, aínda que a data do pleno no que se debaterán aínda non está pechada.

ÚLTIMAS

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

O PSOE critica o aumento do período medio de pago a provedores no Concello de Santiago

A concelleira do Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago, Marta Abal, cuestionou a...

Albergues do Camiño buscan solucións á “carreira diaria” dos peregrinos por conseguir cama

A Rede de Albergues de Acollida Tradicional do Camiño de Santiago informou este luns...

A Deputación da Coruña e a USC colaborarán na exhumación e identificación de vítimas do franquismo

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor en funcións...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

Marta Abal critica a xestión do Goberno local no contrato da auga e fala de “tres anos perdidos para Santiago”

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela criticou a xestión do Goberno local...

Mila Castro critica a intención do Goberno local de aprobar a renovación do contrato da auga sen pasar polo pleno

A concelleira non adscrita de Santiago, Mila Castro, criticou a intención anunciada pola alcaldesa,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here