InicioPOLÍTICAAitor Bouza esixe a dimisión do conselleiro de Sanidade polos datos das...

Aitor Bouza esixe a dimisión do conselleiro de Sanidade polos datos das listas de agarda na área sanitaria de Santiago

Aitor Bouza critica o “colapso” das urxencias, da atención primaria e das probas diagnósticas e reclama responsabilidades políticas na Xunta

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, reclamou este venres a dimisión do conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia tras coñecerse os últimos datos sobre listas de agarda na área sanitaria compostelá. Nunha rolda de prensa celebrada na cidade, Bouza sinalou que a situación da sanidade pública na área de Santiago evidencia un “colapso” que require asumir responsabilidades políticas inmediatas.

O dirixente socialista afirmou que os datos feitos públicos recentemente confirman unha evolución negativa do sistema sanitario na área compostelá. Segundo explicou, a situación xa fora advertida meses atrás con episodios de saturación nas urxencias hospitalarias durante o verán e o inverno e con dificultades para acceder á atención primaria.

Primeiro foi o colapso das urxencias, despois o colapso da atención primaria e agora tamén o colapso das listas de agarda”, sinalou Bouza, quen asegurou que moitas persoas usuarias da sanidade pública na cidade teñen que esperar ata tres semanas para obter cita co seu médico de cabeceira.

Bouza puxo o foco especialmente nos datos das listas de agardapara intervencións cirúrxicas e probas diagnósticas. Segundo indicou, a área sanitaria de Santiago encabeza actualmente as listas de agarda en Galicia, unha situación que cualificou de “preocupante”.

Entre os exemplos mencionados, destacou o tempo de espera para determinadas probas diagnósticas. “Hai que agardar 166 días para unha ecografía de mama”, afirmou, cualificando esta cifra de “absoluta vergonza”.

Para o responsable socialista, estes datos evidencian unha xestión deficiente da política sanitaria por parte da Xunta de Galicia e un modelo que, ao seu xuízo, provoca atrasos na atención e deteriora a calidade do servizo público.

Bouza tamén criticou as explicacións ofrecidas polo xerente da área sanitaria na súa comparecencia ante os medios de comunicación. Segundo indicou, o responsable sanitario atribuíu a situación a factores externos como incidencias técnicas ou á propia organización do persoal médico.

Neste sentido, o representante socialista cualificou de “intolerable” que se trasladen responsabilidades a outros actores en lugar de asumir erros de xestión. “O xerente da área sanitaria non pode seguir nin un minuto máis no seu cargo”, afirmou.

Durante a rolda de prensa, Bouza avanzou que o PSdeG trasladará ao Parlamento de Galicia as cuestións relacionadas coa situación sanitaria na área de Santiago. O obxectivo, segundo explicou, será reclamar explicacións e medidas que permitan reverter o actual escenario.

Ademais, lembrou que as asociacións de pacientes tamén alertaron da situación e que algunhas delas presentaron reclamacións ante a Valedora do Pobo ante o que consideran unha falta de resposta por parte da administración autonómica.

Bouza concluíu reclamando “menos excusas e máis recursos” para a sanidade pública e insistiu na necesidade dun “cambio de rumbo inmediato” na política sanitaria da Xunta para garantir o acceso á atención médica e ás probas diagnósticas en tempos que se axusten á normativa vixente.

ÚLTIMAS

Muíños reclama unha solución provisional para a Policía Nacional tras o incendio na comisaría de Santiago

O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños reclamou hoxe medidas urxentes para resolver a situación...

A Xunta formaliza a candidatura de Santiago para ser Cidade Europea da Ciencia en 2028

A Xunta de Galicia formalizou este xoves a súa candidatura para que Santiago de...

‘Lingua Vital’ convoca unha asemblea multitudinaria na Quintana para ratificar un protocolo de medidas en defensa do galego

A plataforma 'Lingua Vital' convocou para este sábado 14 de marzo, ás 12:00, unha...

Polémica pola senda do Milladoiro a Santiago: o BNG fala de “chapuza” e a Xunta defende o novo trazado para non afectar ao Banquete...

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza Martínez, defendeu este xoves o...

Muíños reclama unha solución provisional para a Policía Nacional tras o incendio na comisaría de Santiago

O concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños reclamou hoxe medidas urxentes para resolver a situación...

Polémica pola senda do Milladoiro a Santiago: o BNG fala de “chapuza” e a Xunta defende o novo trazado para non afectar ao Banquete...

A directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza Martínez, defendeu este xoves o...

O PSdeG denuncia a falta de actuación municipal tras un desprendemento entre as rúas Berlín e Lisboa

O Grupo Municipal Socialista de Santiago denunciou a falta de actuación do goberno local...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here