InicioPOLÍTICAAitor Bouza esixe a dimisión do xerente da área sanitaria de Compostela...

Aitor Bouza esixe a dimisión do xerente da área sanitaria de Compostela polos datos das listas de agarda na área sanitaria de Santiago

Aitor Bouza critica o “colapso” das urxencias, da atención primaria e das probas diagnósticas e reclama responsabilidades políticas na Xunta

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG en Santiago, Aitor Bouza, reclamou este venres a dimisión do xerente da área sanitaria de Compostela tras coñecerse os últimos datos sobre listas de agarda na área sanitaria compostelá. Nunha rolda de prensa celebrada na cidade, Bouza sinalou que a situación da sanidade pública na área de Santiago evidencia un “colapso” que require asumir responsabilidades políticas inmediatas.

O dirixente socialista afirmou que os datos feitos públicos recentemente confirman unha evolución negativa do sistema sanitario na área compostelá. Segundo explicou, a situación xa fora advertida meses atrás con episodios de saturación nas urxencias hospitalarias durante o verán e o inverno e con dificultades para acceder á atención primaria.

“Primeiro foi o colapso das urxencias, despois o colapso da atención primaria e agora tamén o colapso das listas de agarda”, sinalou Bouza, quen asegurou que moitas persoas usuarias da sanidade pública na cidade teñen que esperar ata tres semanas para obter cita co seu médico de cabeceira.

Bouza puxo o foco especialmente nos datos das listas de agardapara intervencións cirúrxicas e probas diagnósticas. Segundo indicou, a área sanitaria de Santiago encabeza actualmente as listas de agarda en Galicia, unha situación que cualificou de “preocupante”.

Entre os exemplos mencionados, destacou o tempo de espera para determinadas probas diagnósticas. “Hai que agardar 166 días para unha ecografía de mama”, afirmou, cualificando esta cifra de “absoluta vergonza”.

Para o responsable socialista, estes datos evidencian unha xestión deficiente da política sanitaria por parte da Xunta de Galicia e un modelo que, ao seu xuízo, provoca atrasos na atención e deteriora a calidade do servizo público.

Bouza tamén criticou as explicacións ofrecidas polo xerente da área sanitaria na súa comparecencia ante os medios de comunicación. Segundo indicou, o responsable sanitario atribuíu a situación a factores externos como incidencias técnicas ou á propia organización do persoal médico.

Neste sentido, o representante socialista cualificou de “intolerable” que se trasladen responsabilidades a outros actores en lugar de asumir erros de xestión. “O xerente da área sanitaria non pode seguir nin un minuto máis no seu cargo”, afirmou.

Durante a rolda de prensa, Bouza avanzou que o PSdeG trasladará ao Parlamento de Galicia as cuestións relacionadas coa situación sanitaria na área de Santiago. O obxectivo, segundo explicou, será reclamar explicacións e medidas que permitan reverter o actual escenario.

Ademais, lembrou que as asociacións de pacientes tamén alertaron da situación e que algunhas delas presentaron reclamacións ante a Valedora do Pobo ante o que consideran unha falta de resposta por parte da administración autonómica.

Bouza concluíu reclamando “menos excusas e máis recursos” para a sanidade pública e insistiu na necesidade dun “cambio de rumbo inmediato” na política sanitaria da Xunta para garantir o acceso á atención médica e ás probas diagnósticas en tempos que se axusten á normativa vixente.

ÚLTIMAS

O Festival Imperdible reúne en Santiago a Lucía Veiga e artistas da improvisación galega e internacional ata o 18 de outubro

O Festival Imperdible encara a última parte da súa sexta edición cunha serie de...

Manuel César renuncia como concelleiro de Santiago por motivos persoais e familiares e será substituído por Saleta Chao

O concelleiro de Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Electrónica de Santiago de...

O PSOE de Santiago levará ao pleno de outubro as barreiras arquitectónicas no acceso ás vivendas públicas de Conxo

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentará no pleno ordinario de outubro...

A Asociación de Xornalistas de Galicia concede o Premio Diego Bernal 2027 ao catedrático da USC Xosé López García

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) decidiu conceder o Premio Diego Bernal 2027...

Manuel César renuncia como concelleiro de Santiago por motivos persoais e familiares e será substituído por Saleta Chao

O concelleiro de Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Electrónica de Santiago de...

O PSOE de Santiago levará ao pleno de outubro as barreiras arquitectónicas no acceso ás vivendas públicas de Conxo

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentará no pleno ordinario de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here