InicioPOLÍTICABorja Verea despídese da tenda 'A Gata Tola' tras o anuncio do...

Borja Verea despídese da tenda ‘A Gata Tola’ tras o anuncio do seu peche definitivo

O líder do PP de Santiago visita o establecemento para agradecer ao seu responsable a traxectoria dun espazo vinculado á cultura do cómic na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, achegouse nos últimos días á tenda ‘A Gata Tola’ tras facerse público o seu peche definitivo, co obxectivo de trasladar persoalmente o seu apoio ao responsable do negocio, coñecido como Santi, e recoñecer a traxectoria dun establecemento con presenza consolidada no ámbito cultural compostelán.

Segundo explicou o propio Verea, cliente habitual do comercio desde hai anos, a visita serviu para agradecer o trato recibido e a dedicación mantida ao longo do tempo. “Para min, como para moita xente, A Gata Tola foi sempre moito máis ca unha tenda. Foi un lugar ao que volver, no que descubrir novas historias e no que Santi sempre sabía que recomendarche”, manifestou.

Durante o encontro, o portavoz popular puxo o foco no papel que desempeñou o local como punto de encontro para persoas afeccionadas ao cómic e á cultura na capital galega. Na súa intervención, destacou que se trataba dun espazo que ía máis alá da actividade comercial habitual, pola relación establecida coa clientela ao longo dos anos. “Hai tendas ás que vas mercar, e outras ás que vas porque forman parte da túa rutina, da túa historia. A Gata Tola era destas últimas”, sinalou.

Verea tamén quixo facer fincapé no labor desenvolvido polo responsable do establecemento á fronte do negocio, incidindo no trato personalizado e na continuidade da relación cos clientes. “Sempre tivo unha recomendación acertada, sempre unha conversa pendente. Esa maneira de atender, de coñecer aos clientes e de compartir paixón polo que fai é o que converte unha tenda nun lugar especial”, afirmou.

O anuncio do peche de ‘A Gata Tola’ supón, segundo indicou, a desaparición dun referente para parte do público afeccionado ao cómic na cidade. “Vai quedar a nostalxia dun espazo que acompañou a moitas persoas ao longo dos anos. E tamén o recordo de alguén que fixo que entrar pola porta sempre pagase a pena”, concluíu o dirixente popular.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here