InicioPOLÍTICAMila Castro acusa a PP e BNG de bloquear a renovación do...

Mila Castro acusa a PP e BNG de bloquear a renovación do contrato da auga en Santiago

A concelleira non adscrita reclama “altura de miras” para desatascar un servizo que considera prioritario e urxente

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Mila Castro, cualificou este sábado de “demencial” o intercambio de acusacións entre o PP e o BNG tras a votación celebrada o pasado xoves no pleno municipal, na que quedou freada a renovación do contrato da auga. A proposta non saíu adiante debido á abstención do Partido Popular e aos votos en contra do BNG e de Compostela Aberta.

Segundo a edil, a situación actual responde á responsabilidade compartida de ambas formacións. “O PP carga contra a Alcaldesa, pero eles abstivéronse dicindo aquilo de ‘concesión si, pero cando eu chegue’”, sinalou, ao tempo que cuestionou a falta de urxencia dos populares ante os “enormes problemas de roturas e ampliacións que precisa a rede de auga”.

Ao mesmo tempo, Castro criticou que desde a Alcaldía se sinale ao PP como responsable do bloqueo cando “o BNG votou en contra de renovar esa mesma concesión no pleno”. Para as concelleiras non adscritas, o escenario político arredor deste asunto resume o refrán do “can do hortelano”, xa que, segundo apuntan, “uns bloquean porque non lles ven ben que se solucionen os problemas e outras porque así teñen a quen botarlle as culpas de que non se solucionen os problemas de Santiago”.

Castro lembrou que o procedemento para renovar o contrato da auga se arrastra desde setembro de 2022, cando ela exercía como concelleira responsable de Servizos no goberno presidido por Xosé Sánchez Bugallo. Segundo indicou, desde entón transcorreron “tres anos e cinco meses” sen que se acadase unha solución definitiva.

A concelleira tamén fixo referencia aos cambios de posicionamento do PP ao longo deste proceso. Segundo explicou, os populares votaron en contra da concesión en setembro de 2022, apoiárona na comisión de estudo celebrada o 2 de febreiro deste ano e optaron finalmente pola abstención no pleno posterior. Esta evolución foi cualificada polas non adscritas como un exemplo de variación de criterio no debate político municipal.

En paralelo, Castro cuestionou a postura do BNG, que definiu como “ambiguo” e sinalou que a situación actual supón “unha farsa que fai perder tempo a Santiago”. Ademais, criticou o investimento de 80.000 euros nun informe técnico que, ao seu xuízo, non serviu para desbloquear o contrato.

A edil non adscrita apelou á “altura de miras” das forzas políticas e instou á alcaldesa a levar novamente o asunto ao pleno municipal. “Se quere desbloquear o contrato bastará coa súa abstención para que nós aprobemos a renovación da concesión”, afirmou, reiterando que as concelleiras non adscritas manterán o seu voto favorable.

Castro sostén que o contrato da auga é un asunto “prioritario e urxente” para a cidade, especialmente pola necesidade de actuacións na rede de abastecemento e saneamento. Así mesmo, considera que o PP “queda desacreditado” para reclamar melloras neste ámbito ao entender que a súa actuación responde a unha estratexia política centrada na disputa pola Alcaldía.

O debate sobre o modelo de xestión e a continuidade da concesión segue así aberto no Concello de Santiago, nun contexto de desacordo entre os principais grupos da corporación municipal.

ÚLTIMAS

A Garda Civil rescata no río Ulla o cadáver do veciño de Teo desaparecido

A Garda Civil recuperou na tarde deste sábado o corpo sen vida dun veciño...

Milleiros de persoas percorren Santiago para reclamar máis recursos e menos ratios no ensino público

A Alameda de Santiago foi este sábado o punto de partida dunha mobilización convocada...

Erguer critica a presenza da Garda Civil e da Policía Nacional nun acto na Facultade de Dereito da USC

A organización estudantil Erguer fixo público este sábado un vídeo nas súas redes sociais...

Fabiola García anuncia un aumento de 486.000 euros para o SAF en Vedra ata 2028

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, informou este sábado en Vedra...

O Goberno local retoma a licitación do transporte tras o aval do Tacgal e amplía o prazo ata o 18 de marzo

O Goberno municipal de Santiago de Compostela anunciou este venres que retomará o procedemento...

Bouza anuncia que levará ao Parlamento a reparación de dous colexios de Santiago

O portavoz socialista en Santiago, Aitor Bouza, anunciou esta mañá que o seu grupo...

Rexeitada a proposta de concesión para a xestión da auga tras un debate cruzado entre goberno e oposición

O Pleno ordinario do Concello abordou esta mañá a proposta da Comisión Especial encargada...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here