InicioPOLÍTICAMercedes Rosón propón activar a Comisión do Xacobeo 2027 e crear un...

Mercedes Rosón propón activar a Comisión do Xacobeo 2027 e crear un órgano municipal para planificar o Ano Santo

A concelleira non adscrita defenderá no pleno unha iniciativa para que Santiago lidere a organización do evento con criterios estratéxicos e de sostibilidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira non adscrita Mercedes Rosón levará ao vindeiro pleno municipal unha proposición para reclamar a activación inmediata da Comisión Organizadora do Xacobeo 2027 e impulsar a creación dunha Comisión Especial municipal que permita planificar o Ano Santo desde o ámbito local. Segundo sinala, o obxectivo é que sexa Santiago quen lidere a xestión dun acontecemento que cualifica como propio da cidade.

Rosón considera que o Ano Santo representa un evento de especial relevancia cultural, patrimonial e turística para Compostela, ao tempo que implica desafíos organizativos. Neste contexto, apunta que a recente posta en marcha do Consejo Jacobeo debe ir acompañada da reactivación da Comisión Organizadora do Xacobeo 2027, un órgano interadministrativo no que participan a Xunta de Galicia, a Igrexa, o Goberno do Estado e o Concello de Santiago.

A edil sostén que o Xacobeo é “un evento da cidade que non pode xestionarse á marxe das prioridades da súa veciñanza” e advirte de que, na súa opinión, “Santiago non pode quedar reducido a un mero receptor de peregrinos nin ser marxinado das decisións estratéxicas”. Para as concelleiras non adscritas, a capital galega debe exercer un papel activo na proxección exterior do Ano Santo, en colaboración co resto das administracións implicadas.

INVESTIMENTOS ESTRUTURAIS E SERVIZOS PÚBLICOS

A proposta incide tamén na necesidade de priorizar investimentos vinculados ao Xacobeo que teñan continuidade máis alá do propio evento. Rosón subliña que a calidade dun destino turístico depende non só da programación cultural ou das campañas de promoción, senón tamén do funcionamento de servizos públicos como a limpeza, a seguridade, o transporte ou os aparcadoiros.

“Máis aló da programación de ocio, o Xacobeo conta xa cun enorme poder tractor pola propia forza da marca e a singularidade do evento”, afirma, polo que defende que o foco debe situarse na calidade do destino e na sostentabilidade, en coherencia coa filosofía que inspirou a implantación da taxa turística en Compostela.

UN ÓRGANO DE COORDINACIÓN DENDE O ÁMBITO LOCAL

A iniciativa que se debaterá no pleno do vindeiro xoves inclúe a creación dunha Comisión Especial municipal para o Xacobeo 2027, integrada por representantes do sector turístico, hostaleiro e comercial, así como por colectivos culturais e de ocio, asociacións veciñais e membros da Corporación.

Este órgano tería como finalidade “garantir a coordinación efectiva entre todos os axentes implicados, anticipar necesidades e definir estratexias de comunicación e promoción”. Ademais, segundo expón a concelleira, buscaría fomentar a sostentabilidade, preservar o patrimonio histórico e ambiental e procurar que os beneficios derivados do Ano Santo revertan de maneira equilibrada na comunidade local.

Rosón sinala tamén que esta ferramenta permitiría facilitar o acceso do tecido local á información sobre financiamento, subvencións, patrocinios e deducións fiscais, co propósito de promover a participación do sector privado e asociativo e asegurar unha xestión transparente dos recursos dispoñibles.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza un cámping para 40 caravanas no Tambre e adxudica proxectos de accesibilidade en varios edificios

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns unha serie de acordos...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

A Xunta instala 15 paneis no río Sar para advertir do risco de inundación en Santiago

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático colocou, a través de Augas de...

Un novo recurso volve frear a tramitación do contrato do bus urbano de Santiago

A tramitación do novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela afronta un...

Muíños pide ao Concello que aclare como afecta o novo recurso á adxudicación do transporte urbano

O concelleiro non adscrito de Santiago Gonzalo Muíños reclamou ao goberno municipal información detallada...

Rosón esixe ao Concello toda a documentación sobre Fly2Galicia e acusa o goberno de non revisar a operativa

A concelleira non adscrita de Santiago Mercedes Rosón reclamou ao goberno municipal que faga...

Verea tira de ironía ante o choque no bipartito pola polémica de Fly2Galicia: “Que pasa, bro?”

Compostela Aberta (CA), socio do BNG no Goberno municipal de Santiago, expresou este venres...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here