InicioPOLÍTICABouza reclama á Xunta 2,4 millóns máis para o Consorcio de Santiago...

Bouza reclama á Xunta 2,4 millóns máis para o Consorcio de Santiago e critica a execución en vivenda

O secretario xeral do PSdeG compostelán acusa ao Goberno galego de deixar sen executar o 73% dos fondos de rehabilitación en 2025 e cuestiona o voto do PP nos orzamentos

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, reclamou esta mañá un incremento inmediato de 2,4 millóns de euros na achega da Xunta ao Consorcio de Santiago, co obxectivo de reforzar as políticas de rehabilitación no casco histórico compostelán.

Bouza situou a vivenda como unha das prioridades políticas actuais e defendeu a rehabilitación como ferramenta para ampliar a oferta residencial na capital galega. Segundo indicou, o acceso pasa tamén “a través tamén da rehabilitación de todas esas vivendas que precisan da axuda da propia Administración Pública”, co fin de que estean “en condicións óptimas de habitabilidade” e poidan incorporarse ao mercado, incluídas aquelas que se atopen baleiras e susceptibles de alugueiro.

O dirixente socialista lembrou que o PSdeG presentou emendas aos orzamentos autonómicos para incrementar en 2,4 millóns de euros a dotación destinada ao Consorcio, unha proposta que foi rexeitada polo Partido Popular. “Votaron en contra” e “o señor Borja Verea, que tanto di defender a esta cidade, votou en contra, co beneplácito, por suposto, do presidente da Xunta de Galicia”, afirmou, cuestionando a posición do PP respecto aos intereses de Santiago.

Durante a comparecencia, Bouza puxo o foco na execución orzamentaria da Xunta en materia de rehabilitación. Segundo sinalou, “dentro das súas propias competencias, o goberno galego deixou sen executar no ano 2025, a peche do terceiro trimestre, o 73% dos fondos no programa 451 que é o correspondente a rehabilitación da vivenda”. Ao seu xuízo, esta situación evidencia que “esa é a política da Xunta de Galicia. Nin fai, nin deixa facer”.

O deputado concretou que esta porcentaxe supón que “169 millóns de euros están nun caixón da Xunta de Galicia sen executarse para poder rehabilitar a vivenda pública”. Ademais, apuntou que no exercicio 2024 quedaron sen executar 81 millóns de euros, o que representa o 42,9% dos fondos destinados a este ámbito.

Fronte a estes datos, Bouza sostivo que a Xunta dispón de capacidade suficiente para reforzar o Consorcio compostelán. “A Xunta pode incrementar 2,4 millóns no Consorcio? Pode. Quere? Non”, declarou, instando ao presidente Alfonso Rueda a que adopte esa decisión “de maneira inmediata” e a que se implique “en igualdade de condicións” co resto das administracións que integran o organismo.

O secretario xeral do PSdeG de Santiago concluíu pedindo que o Goberno galego cumpra cos seus compromisos co Consorcio e intensifique as políticas de rehabilitación nun contexto no que o acceso á vivenda continúa a ser unha das principais preocupacións da cidadanía compostelá.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here