InicioPOLÍTICAMercedes Rosón insta ao goberno local a activar alternativas tras a renuncia...

Mercedes Rosón insta ao goberno local a activar alternativas tras a renuncia de Eulen ao contrato dos centros socioculturais

Mercedes Rosón pide diálogo coa segunda empresa licitadora, garantías para o cobro das nóminas pendentes e unha comparecencia pública do concelleiro responsable para explicar as xestións realizadas

Publicado o

Xornal de Compostela

As concelleiras non adscritas de Compostela reclaman ao goberno local unha resposta inmediata á crise aberta na xestión da rede de centros socioculturais, tras a renuncia da empresa Eulen a facerse cargo do servizo apenas dúas semanas despois de resultar adxudicataria do contrato de dinamización e mediación. A edil Mercedes Rosón propón un itinerario baseado no diálogo coa outra empresa concorrente, no acompañamento ao persoal afectado e na aplicación das penalizacións necesarias á anterior concesionaria para garantir o pagamento das catro nóminas e da paga extra pendentes.

Rosón apelou á “altura de miras e responsabilidade” tanto do goberno municipal como da oposición e considerou que “non solucionamos nada pedindo dimisións”, insistindo en que a prioridade debe ser ofrecer alternativas que eviten un maior deterioro do servizo. Neste contexto, puxo como exemplo a disposición amosada polo persoal, que nos últimos días anunciou a súa vontade de retirar a denuncia presentada pola aplicación do convenio estatal de ocio no canto do de eventos, a cambio de abrir unha negociación para establecer un convenio propio.

Segundo advertiu a concelleira non adscrita, a situación actual podería ter consecuencias directas sobre o funcionamento duns 30 centros socioculturais, que poderían verse obrigados a pechar se as monitoras, dependentes deste contrato, deixan de prestar servizo. A esta posibilidade engádese o risco de paralización das aulas de xogo, que cualificou como “un servizo fundamental para a conciliación de moitas familias”. Ante este escenario, reclamou dilixencia ao executivo local e “transparencia absoluta”, solicitando que este mesmo luns se produza unha comparecencia pública do concelleiro responsable para explicar as xestións realizadas desde a renuncia da empresa.

Un proceso prolongado no tempo
Aínda que insistiu en que non é momento de confrontación política, Rosón lembrou que a situación actual é o resultado dun proceso que se foi dilatando no tempo. Segundo indicou, o contrato foi prorrogado en dúas ocasións á anterior concesionaria a pesar dos reiterados incumprimentos das condicións laborais do persoal, ao tempo que se demorou “en exceso” a nova licitación. A propia edil xa reclamara en decembro de 2024 que se axilizase o procedemento, sen que esa petición tivese efectos.

“Está claro que se o servizo se licitara e adxudicara antes, non arrastrariamos todos os condicionantes que agora agravan a situación trala renuncia da nova adxudicataria”, sinalou Rosón, que reiterou a necesidade de actuar con rapidez para evitar un parón na actividade da rede de centros socioculturais de Concello de Santiago.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here