InicioPOLÍTICAVerea reafirma o compromiso do PP co derrubo da Casa da Xuventude...

Verea reafirma o compromiso do PP co derrubo da Casa da Xuventude se chega a ser alcalde en 2027

O líder popular defende a demolición do inmoble como punto de partida para un novo espazo verde e comunitario na contorna da Praza do Matadoiro e a conexión entre Belvís e o Casco Histórico

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do PP en Santiago, Borja Verea, reafirmou este martes o seu compromiso co derrubo da Casa da Xuventude e asegurou que, de chegar á Alcaldía tras as eleccións municipais de 2027, esta actuación será unha das primeiras decisións do seu mandato. Segundo afirmou, “sábeo toda a cidade, o meu primeiro decreto, en xuño de 2027 será o derrubo inmediato da Casa da Xuventude”.

Verea explicou que a desaparición do inmoble permitiría crear un novo espazo comunitario, verde e de encontro social, orientado a un modelo urbano que, segundo indicou, priorice a calidade de vida, a convivencia e a integración dos espazos públicos. Neste sentido, sinalou que a intervención serviría para dinamizar a Praza do Matadoiro e facilitar a conexión do parque de Belvís co Casco Histórico, a través dunha actuación integral na contorna.

O dirixente popular defendeu que a demolición suporía tamén unha oportunidade para pór en valor os restos patrimoniais existentes na praza e para actualizar o concepto de espazos pechados ás necesidades actuais. “O noso proxecto de cidade pasa por unha Compostela máis amable, máis familiar e máis humana, e as necesidades da xente non son as mesmas hoxe que hai trinta ou cincuenta anos”, afirmou.

Durante a súa intervención, Verea foi crítico coa situación actual do edificio, que cualificou como un símbolo de “abandono, improvisación e mentiras” do goberno municipal formado por BNG, PSOE e Compostela Aberta. Ao seu xuízo, o estado da Casa da Xuventude reflicte tamén a falta de rumbo do actual executivo local.

O líder do PP asegurou que a súa formación non participará do que cualificou como “circo” das forzas que integran o goberno municipal e apuntou á falta de acordo entre elas tras tres anos de mandato. “Eles teñen a obriga de poñerse de acordo porque despois de 3 anos vólvese demostrar que non tiñan proxecto común para Santiago”, sinalou.

Finalmente, Verea defendeu que Santiago “merece un goberno que diga a verdade, que tome decisións e que execute solucións reais” e insistiu en que o derrubo da Casa da Xuventude sería un dos primeiros pasos dun eventual cambio político en 2027. “Recuperar ese espazo e poñelo ao servizo dos composteláns” sería, segundo concluíu, o inicio dunha nova etapa baseada en decisións firmes e claras.

UCIN TAMÉN ASEGURA QUE “A DERRUBA É NECESARIA”

Pola súa banda, UCIN considera necesaria unha actuación decidida na actual Casa da Xuventude, situada na Praza do Matadoiro, un inmoble que, segundo sinala, presenta un evidente estado de abandono e deterioro nunha das contornas máis sensibles da cidade. Dende a formación defenden que a súa derruba é necesaria, aínda que insisten en que debe abordarse con planificación e visión de cidade, co obxectivo de liberar ese espazo para crear unha entrada ampla, accesible e digna ao Parque de Belvís, poñendo en valor un dos principais pulmóns verdes de Santiago. “A Praza do Matadoiro non pode seguir sendo un punto degradado nin unha barreira arquitectónica. Apostamos por recuperar espazo público, mellorar a conexión coa natureza e dignificar a contorna para o uso e goce da veciñanza”, sinalan dende UCIN.

A formación local subliña que “derrubar por derrubar non é a solución”, pero tampouco considera axeitado manter edificios sen uso nin proxecto definido, ao entender que a cidade precisa intervencións pensadas desde o interese xeral, a calidade urbana e o futuro dos barrios. Neste contexto, UCIN reclama ao goberno municipal que actúe “con valentía”, escoitando á cidadanía e apostando por un modelo de cidade máis aberta, verde e centrada nas persoas, no que a recuperación do espazo público sexa unha prioridade.

ÚLTIMAS

Raxoi estuda sancións tras a renuncia de Eulen ao contrato dos centros socioculturais

O Goberno local de Compostela avanzou que está a estudar posibles sancións contra Eulen...

O Concello presenta a programación do Entroido con desfile do Meco, pregón coral e actividades nos barrios

O Concello de Santiago deu a coñecer este xoves a programación do Entroido na cidade,...

Rueda valora o interese de Goretti Sanmartín por coordinar coa Xunta a conmemoración do Xacobeo 27

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou este xoves a súa satisfacción polo interese...

A alcaldesa inicia os encontros individuais coa veciñanza para escoitar propostas e dúbidas

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, deu comezo este xoves á primeira...

A alcaldesa inicia os encontros individuais coa veciñanza para escoitar propostas e dúbidas

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, deu comezo este xoves á primeira...

O Concello presenta a memoria de Servizos Sociais con case 20.000 persoas atendidas en 2025

O Concello de Santiago presentou este mércores a memoria anual do departamento de Dereitos...

Ana Pontón reivindica a “valentía” do Goberno de Goretti Sanmartín para deseñar a Compostela do futuro

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou este mércores a "valentía" e o...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here