InicioPOLÍTICAAna Pontón reivindica a "valentía" do Goberno de Goretti Sanmartín para deseñar...

Ana Pontón reivindica a “valentía” do Goberno de Goretti Sanmartín para deseñar a Compostela do futuro

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou a "valentía" e o "impulso a cambios estratéxicos", así como o querer "romper co cortoplacismo" para deseñar "a Compostela do futuro" do goberno da nacionalista Goretti Sanmartín na capital galega

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou este mércores a “valentía” e o “impulso a cambios estratéxicos” do goberno liderado por Goretti Sanmartín en Santiago de Compostela. Tras manter unha reunión coa á nacionalista do Executivo local para avaliar os proxectos en marcha, Pontón puxo en valor o traballo da alcaldesa ao considerar que está a construír a cidade das próximas décadas con “determinación”, fuxindo de medidas provisionais para centrarse en deseños estruturais. Nesta liña, destacou a importancia de concibir o espazo público como un dereito cidadán para mellorar a calidade de vida e fomentar un maior dinamismo económico e igualdade no seu uso.

Malia o contexto político da corporación —cun goberno en minoría formado por seis concelleiros do BNG e dous de Compostela Aberta—, a portavoz nacional defendeu que se sacaron adiante iniciativas fundamentais. Entre elas, citou a aposta por poñer o dereito á vivenda por enriba da especulación e a posta en marcha da taxa turística. Segundo Pontón, Santiago é hoxe un exemplo de como goberna o BNG, cunha folla de ruta que aposta por unha cidade “inclusiva, verde e máis humana”, baseada nunha planificación sólida que permite executar accións de calado e con visión de futuro.

REPENSAR A CIDADE A LONGO PRAZO

Pola súa banda, a rexedora Goretti Sanmartín detallou ante os medios que as políticas que está a desenvolver o Concello “non son parches”, senón intervencións pensadas a medio e longo prazo. “Nós renunciamos a facer políticas exclusivamente que mirasen o curtopracismo e pensamos que había que reflexionar para que se deseñe o Santiago das próximas décadas”, salientou a alcaldesa. O obxectivo central destas actuacións é gañar espazo público para as persoas, unha estratexia que, segundo a rexedora, define a identidade dos gobernos nacionalistas.

Entre as medidas concretas expostas durante o encontro, Sanmartín destacou as propostas para o conector central, o desbloqueo da parcela de Peleteiro e o gravame do IBI das vivendas baleiras. Así mesmo, referiuse a diversas intervencións urbanísticas en puntos clave como a rúa do Hórreo, a rúa dos Loureiros ou o barrio de Pontepedriña. Para a alcaldesa, estas decisións significan camiñar de xeito decidido cara a unha transformación relevante da capital galega, priorizando sempre o benestar e as necesidades das persoas que habitan a cidade fronte á inmediatez electoral.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...