InicioPOLÍTICABouza esixe no Parlamento Galego a restitución da atención pediátrica diaria no...

Bouza esixe no Parlamento Galego a restitución da atención pediátrica diaria no Centro de Saúde de Conxo

O deputado socialista Aitor Bouza reclama unha cobertura estable tras as denuncias das familias pola perda de atención continuada

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Socialista de Galicia anunciou que levará ao Parlamento Galego a situación da atención pediátrica no Centro de Saúde de Conxo, en Santiago de Compostela, despois de coñecerse que este servizo deixou de prestarse de maneira diaria. A formación considera que esta circunstancia supón un prexuízo para as familias e para a poboación infantil adscrita a este centro sanitario.

O deputado socialista Aitor Bouza sinalou que a súa formación vai reclamar que a atención pediátrica sexa restituída de forma inmediata e que se garanta unha cobertura estable e continuada. Segundo indicou, a falta de atención diaria obriga ás familias a desprazarse a outros centros, unha situación que considera innecesaria e evitable.

Bouza afirmou que “as familias merecen ter unha atención de calidade, non ter que desprazarse a outros centros e poder seguir tendo unha sanidade pública de calidade”, ao tempo que puxo o foco na necesidade de cubrir as baixas de persoal cando se producen, para evitar recortes nos servizos asistenciais.

O representante socialista tamén responsabilizou ao Goberno galego da situación actual e reclamou medidas inmediatas para garantir unha dotación suficiente de profesionais. Neste contexto, insistiu en que non se pode permitir “un recorte dos servizos nos centros de saúde” nin que se vexa afectada a calidade da atención pediátrica.

Desde o PSdeG avanzan que esta reivindicación se suma ás demandas que veñen formulando nas últimas semanas e meses, e instan ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a actuar para garantir a atención pediátrica diaria no Centro de Saúde de Conxo e unha sanidade pública de calidade para a veciñanza de Santiago.

SANIDADE ASEGURA QUE A ATENCIÓN “ESTÁ TOTALMENTE GARANTIDA”

Pola súa banda, a Consellería de Sanidade replicou ao PSdeG que a atención pediátrica “está totalmente garantida” no centro de saúde de Conxo e enviou unha mensaxe de “tranquilidade” á poboación. Así, o departamento que dirixe Antonio Gómez Caamaño desmentiu “rotundamente” as demoras sinaladas polos socialistas e apuntou que, “ante a ausencia sobrevinda e prolongada do pediatra titular”, a dirección de atención primaria “buscou solucións”.

“Temporalmente, alcanzouse a cobertura no propio centro dous días á semana e tres no Concepción Areal”, afirmou Sanidade, á vez que indicou que, “tras múltiples xestións”, ante a ausencia de pediatras en paro, actualmente “xa alcanzaron unha solución máis estable e nas próximas semanas poderá incorporar unha pediatra a tempo completo”.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here