InicioPOLÍTICAO Concello activará un formulario para solicitar reunións coa alcaldesa a partir...

O Concello activará un formulario para solicitar reunións coa alcaldesa a partir da próxima semana

A canle permitirá pedir encontros individuais con Goretti Sanmartín os primeiros e terceiros xoves de cada mes desde febreiro

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este venres en rolda de prensa que o Concello activará a próxima semana unha nova canle na súa páxina web para solicitar reunións directas coa Alcaldía, dirixida á veciñanza a título individual. Con esta medida, o goberno local dá cumprimento ao compromiso de “abrir un tempo novo para que as persoas a nivel individual poidan ser recibidas directamente na Alcaldía”.

Segundo explicou a rexedora, as solicitudes realizaranse a través dun formulario electrónico “moi sinxelo”, que estará dispoñible desde a portada da web municipal santiagodecompostela.gal. A ferramenta entrará en funcionamento nos vindeiros días e permitirá canalizar as peticións de encontro de maneira ordenada.

Sanmartín destacou que esta iniciativa se insire na aposta municipal pola participación cidadá e a transparencia, e sinalou que xa puido constatar o interese xerado pola proposta. Neste sentido, indicou que “xa foron bastantes as persoas que a raíz do anuncio se dirixiron á Alcaldía por correo electrónico solicitando un encontro”, o que, ao seu xuízo, confirma a pertinencia da medida.

As reunións coa alcaldesa celebraranse os primeiros e terceiros xoves de cada mes, a partir do mes de febreiro. Estes encontros estarán dirixidos a persoas a nivel individual, que poderán trasladar directamente á rexedora preocupacións, demandas ou achegas de mellora relacionadas coa cidade.

Esta nova fórmula de participación vén sumarse ás diversas canles de diálogo que o goberno municipal mantén coa cidadanía compostelá e coas entidades representativas dos distintos ámbitos sociais.

No ámbito da participación e da transparencia, a alcaldesa anunciou tamén a convocatoria do debate sobre o estado do municipio, que terá lugar o xoves 12 de febreiro ás 12:00. Sanmartín lembrou que este debate está recollido no regulamento orgánico municipal, aínda que non sempre se celebrou con regularidade. “Nós cremos que é un xeito produtivo de dar conta do feito e do que queda por facer e, consecuentemente, convocamos o primeiro que nos correspondía”, sinalou, ao tempo que avanzou que xa hai data para un segundo debate no que se avaliará a xestión correspondente a 2025.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here