InicioPOLÍTICAA alcaldesa evita posicionarse sobre o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: "Todo...

A alcaldesa evita posicionarse sobre o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: “Todo o mundo sabe que o Concello non intervén neste tipo de procedementos”

Goretti Sanmartín asegura que o goberno municipal non ten competencias nun procedemento xudicial de propiedade e responde aos cánticos escoitados durante a protesta no casco histórico

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, desvinculou este venres ao Concello do desaloxo do centro social okupado ‘Escarnio e Maldizer’, executado pola Policía Nacional no inmoble da rúa da Algalia de Arriba, e asegurou que se trata dun procedemento de carácter estritamente xudicial no que a administración local non ten competencias.

Preguntada por Xornal de Compostela polos cánticos escoitados durante a concentración, entre eles “Goretti, decide, apoias ou reprimes”, a rexedora afirmou que “todo o mundo sabe que o Concello non intervén en procedementos como este” e subliñou que se trata dun conflito de propiedade que segue a vía xudicial. “Non somos parte implicada, nós non temos competencias de conflitos de propiedade, neste caso”, indicou.

Sanmartín insistiu en que o goberno municipal non pode actuar neste tipo de procesos e reiterou que “non nos corresponde a nós un conflito que vai vía xudicial”. Segundo explicou, o papel do Concello queda fóra deste tipo de actuacións, ao non tratarse dunha cuestión da súa competencia.

En relación ao contido das consignas dirixidas á súa figura durante a protesta, a alcaldesa asegurou non coñecer o significado concreto ao que facían referencia. “Non sei. Isto é o que acontece en cantidade de cuestións”, sinalou, engadindo que en moitas ocasións a cidadanía dirixe as súas demandas á administración máis próxima. “Ás veces son cuestións doutras administracións ou de outras entidades que son competentes, e a xente todo o tempo é o Concello o que está máis próximo, o que está aquí e o que pode levar as responsabilidades”, apuntou.

O desaloxo do inmoble da Algalia de Arriba produciuse na mañá deste venres tras unha orde do Xulgado de Primeira Instancia número 2. Desde primeira hora, arredor de máis de medio cento de persoas concentráronse na Praza de Cervantes para protestar contra a actuación, cun despregamento policial que incluíu o corte de varios accesos no casco histórico. A mobilización desenvolveuse sen cargas nin incidentes.

O centro social ‘Escarnio e Maldizer’ viña desenvolvendo diversas actividades culturais e de lecer e fora ocupado por primeira vez en 2014. O colectivo denunciara nos días previos o que cualificaba como o desaloxo do “último centro social okupado urbano de Galiza”.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here