InicioPOLÍTICAAbal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

Os socialistas lembran que o pleno aprobou en xullo de 2024 unha moción para arranxar as filtracións de auga e reclaman explicacións ao Goberno municipal polo atraso da actuación comprometida

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento, unha infraestrutura educativa municipal que presenta problemas de filtracións de auga. A portavoz socialista, Marta Abal, lembrou que no pleno de xullo de 2024 foi aprobada unha moción presentada polo PSdeG co obxectivo de arranxar esta deficiencia.

Segundo explicou Abal, durante aquel debate plenario a responsable municipal de Educación, Míriam Louzao, recoñeceu a urxencia da intervención, anunciou unha partida económica de 176.000 euros e comprometeu a execución da obra para o verán de 2025. Porén, o grupo socialista asegura que, a día de hoxe, ese compromiso non se materializou.

Desde o PSdeG subliñan que a Escola Infantil de Tras Parlamento é un centro educativo “fundamental para Santiago”, polo que consideran prioritario resolver canto antes os problemas derivados das filtracións de auga. Neste contexto, Marta Abal sinalou que o incumprimento dos prazos anunciados xera incerteza tanto no persoal como nas familias usuarias do servizo.

Os socialistas avanzan que volverán pedir explicacións no ámbito municipal e cuestionan cando ten previsto o Goberno local acometer “dunha vez” a reparación da cuberta. A formación reclama que se concreten prazos e actuacións para garantir o correcto estado das instalacións e o funcionamento normal da escola infantil.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here