InicioPOLÍTICAAitor Bouza reclama a dimisión do xerente do Sergas polo colapso das...

Aitor Bouza reclama a dimisión do xerente do Sergas polo colapso das urxencias do CHUS

O deputado socialista alerta dunha situación estrutural nas urxencias do hospital de referencia da comarca compostelá e pide a implicación directa do presidente da Xunta para adoptar medidas inmediatas

Publicado o

Xornal de Compostela

O deputado socialista no Parlamento de Galicia e secretario xeral do PSdeG-PSOE en Santiago, Aitor Bouza, denunciou este xoves a situación de colapso das urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e esixiu a dimisión inmediata do xerente do SERGAS pola súa responsabilidade na xestión sanitaria.

Segundo expuxo, o estado das urxencias do hospital de referencia da comarca compostelá está a ter un impacto directo na atención á cidadanía e non pode seguir sendo tratado como un episodio illado. Bouza afirmou que “non podemos permitir que as urxencias sigan colapsadas e que a cidadanía siga sufrindo”, ao tempo que reclamou responsabilidades políticas pola situación que se está a vivir.

O deputado sinalou que o que acontece no CHUS é, ao seu xuízo, unha mostra da xestión sanitaria da Xunta de Galicia, fronte ao discurso do Executivo autonómico, que vén cualificando estes episodios como feitos puntuais. Neste sentido, asegurou que “hoxe comprobamos que son un problema estrutural e que afectan directamente á atención á cidadanía”, incidindo na reiteración destas situacións.

Bouza puxo tamén o foco na designación dos cargos directivos do sistema sanitario, responsabilidade que atribuíu á Xunta de Galicia. Segundo indicou, “vemos como se nomea a persoas incapaces de xestionar un ámbito tan esencial como a saúde da nosa comunidade autónoma e, en particular, da comarca de Compostela”.

Ante este escenario, o deputado socialista anunciou que continuará reclamando explicacións nas institucións e pediu ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que “se implique de inmediato na solución deste problema”. Ao seu entender, resulta imprescindible adoptar medidas urxentes que permitan corrixir o colapso das urxencias do CHUS e garantir unha sanidade pública de calidade, que cualificou como un dos piares fundamentais do Estado do benestar.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here