InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago reclama datos e informes antes de decidir o...

O PSOE de Santiago reclama datos e informes antes de decidir o futuro contrato da auga

Os socialistas advirten da situación de interinidade do servizo desde 2019 e piden ao Goberno local un proxecto definido con criterios técnicos e económicos

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Grupo Municipal Socialista, Sindo Guinarte, expresou a preocupación do seu grupo pola situación actual do contrato do ciclo da auga en Santiago de Compostela e pola falta de información sobre o modelo de xestión que propón o Goberno local para os vindeiros anos. Segundo explicou, o servizo continúa desde 2019 nunha situación de provisionalidade coa empresa concesionaria, Viaqua, o que, ao seu xuízo, limita tanto a capacidade de investimento como a seguridade xurídica dun servizo esencial para a cidade.

Guinarte advertiu de que este escenario de interinidade non favorece a planificación a longo prazo nin garante que se acometan as melloras necesarias nas infraestruturas do ciclo da auga. Nese contexto, o edil socialista referiuse ao debate aberto polo Goberno municipal sobre a posibilidade de avanzar cara a un modelo de empresa mixta, sinalando que, polo momento, se trata dun debate carente de información concreta.

Desde o PSOE de Santiago subliñan que unha decisión deste alcance condicionará a xestión da auga durante décadas, polo que consideran imprescindible que o Concello achegue criterios técnicos, informes económicos e garantías de investimento que permitan avaliar con rigor as distintas opcións. O concelleiro insistiu en que a elección do modelo non debe responder a posicións ideolóxicas previas, senón á eficacia do servizo e ao beneficio para a veciñanza.

Os socialistas defenden que solicitar documentación e datos non implica falta de postura política, senón unha actitude de responsabilidade no uso dos recursos públicos. Neste sentido, Guinarte reclamou ao Goberno local que abandone, segundo indicou, a indefinición actual e presente un proxecto concreto que permita un debate fundamentado.

Finalmente, o Grupo Municipal Socialista fixo un chamamento a desbloquear a situación do contrato da auga, ao considerar que Santiago non pode continuar cun servizo básico nun “limbo legal”. Os socialistas manifestaron a súa disposición a participar no debate sobre o futuro modelo de xestión, sempre que este se basee en cifras, informes e propostas concretas.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here