InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago avanza na solicitude para declarar a cidade como...

O Concello de Santiago avanza na solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

Iago Lestegás preside a terceira reunión da mesa sectorial de vivenda para analizar a nova documentación, que constata un aumento do aluguer superior ao IPC

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Urbanismo de Iago Lestegás presidiu este luns unha nova sesión da mesa sectorial de vivenda de Concello de Santiago, integrada por arredor dunha ducia de entidades, coa finalidade de analizar a documentación actualizada para solicitar a declaración de Santiago de Compostela como zona de mercado residencial tensionado (ZMRT).

Segundo explicou o edil nun audio remitido aos medios, esta foi a terceira reunión deste órgano de traballo, despois das celebradas o 19 de febreiro e o 22 de maio de 2025. Lestegás situou o proceso no contexto político e institucional, ao asegurar que “se non fose polo Partido Popular, que utiliza a Xunta para facer oposición ao Goberno de Santiago, o aluguer estaría regulado en Compostela desde hai tempo e a escalada do prezo da vivenda xa se contivo”.

De acordo coa información trasladada polo Concello nunha nota de prensa, a nova solicitude inclúe unha descrición do procedemento preparatorio desenvolvido para recompilar datos sobre a situación do mercado residencial. Esta análise baséase exclusivamente en fontes oficiais autonómicas e estatais, sen incorporar información doutras procedencias.

A memoria xustificativa recolle un incremento do prezo medio do aluguer do 40,26% entre 2019 e 2024, segundo os datos do Observatorio de Vivenda dependente do Instituto Galego da Vivenda e Solo. No mesmo período, o Concello sinala que o crecemento acumulado do IPC en Galicia foi do 20,0%, o que amosa unha diferenza significativa entre a evolución dos prezos do aluguer e o custo da vida.

Desde Raxoi lembran que a Lei polo dereito á vivenda establece que un ámbito pode ser declarado zona tensionada cando o incremento do aluguer nos últimos cinco anos supera en máis de tres puntos porcentuais o aumento do IPC. Neste sentido, o goberno municipal subliña que Santiago duplica ese limiar, segundo os indicadores empregados.

O seguinte paso do procedemento será a exposición pública da documentación durante un prazo de 20 días, período no que se poderán presentar alegacións. Unha vez analizadas e respondidas, e se procede introducir modificacións, a solicitude definitiva será remitida á Xunta de Galicia, concretamente ao IGVS, para a súa valoración.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

Verea reclama medidas urxentes para apoiar a industria turística de Santiago

O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, mantivo unha xuntanza con arredor de...