InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama actuacións inmediatas para mellorar a seguridade viaria en Laraño...

O PSdeG reclama actuacións inmediatas para mellorar a seguridade viaria en Laraño tras dous accidentes

Os socialistas acusan o goberno local de non cumprir o compromiso adquirido no pleno de novembro e instan ao executivo a aplicar as medidas recollidas nun informe da Policía Local

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista denunciou este xoves a falta de actuacións do goberno local de Santiago de Compostela para mellorar a seguridade viaria na parroquia de Laraño, tras rexistrarse dous accidentes de tráfico nun intervalo inferior ás 24 horas nun punto no que, segundo lembran, o executivo municipal se comprometera a intervir hai dous meses.

A concelleira socialista Marta Abal afirmou que no pleno municipal celebrado o pasado mes de novembro, e en resposta a unha pregunta do PSdeG, o goberno presidido pola alcaldesa Goretti Sanmartín asegurou que se adoptarían medidas de mellora viaria nesta parroquia. Porén, segundo sinalou, non consta que se executase ningunha actuación dende entón.

Abal advertiu de que a ausencia de intervencións está a ter consecuencias directas para a veciñanza. “O pasado mes de novembro, o goberno municipal comprometeuse a implementar medidas de mellora viaria na parroquia de Laraño. A día de hoxe non temos constancia de que se teña executado ningunha actuación ao respecto. As consecuencias desta inacción son evidentes: dous accidentes rexistrados en menos de 24 horas”, declarou.

Dende o PSdeG consideran que a situación require unha resposta inmediata por parte do executivo local. A concelleira insistiu en que resulta “urxente” que o goberno municipal asuma as súas responsabilidades e adopte de inmediato as actuacións necesarias para reducir o risco, especialmente tendo en conta que existe un informe da Policía Local, solicitado pola propia alcaldía, no que se recollen propostas para mellorar a seguridade na zona.

O grupo socialista subliñou que o incremento da sinistralidade na parroquia fai evidente a necesidade de actuar sen máis demora. “Non actuar non é unha opción. O risco é claro e crecente á vista do aumento da sinistralidade, e require unha resposta inmediata por parte do executivo municipal”, rematou Abal.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here