InicioPOLÍTICAO PP de Santiago despídese da cafetería Paradiso no seu peche tras...

O PP de Santiago despídese da cafetería Paradiso no seu peche tras medio século de actividade

O líder popular Borja Verea visita o histórico establecemento coincidindo coa xubilación dos seus propietarios e nunha mañá marcada tamén pola presenza do goberno local e doutros representantes políticos

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, achegouse este xoves á Cafetería Paradiso para despedirse dun dos establecementos históricos da cidade, que pecha as súas portas tras 50 anos de actividade coincidindo coa xubilación dos seus propietarios, Agustín e Socorro. Na visita estivo acompañado por Olaya Otero e José Ramón de la Fuente.

Durante o encontro, Verea compartiu un chocolate quente con churros, un dos produtos máis emblemáticos do local, como xesto de recoñecemento ao papel que o negocio desempeñou durante décadas na vida social compostelá. Segundo trasladou o propio dirixente popular, o Paradiso foi durante medio século un punto de encontro habitual para varias xeracións de veciños e veciñas da capital galega.

“O Paradiso forma parte da miña vida e da memoria sentimental de moitas familias de Santiago. Aquí tomaron os meus fillos os seus primeiros chocolates, e como nós, milleiros de persoas gardan lembranzas ligadas a este lugar”, afirmou Verea nas súas declaracións.

O líder do PP local destacou tamén o labor desenvolvido polos propietarios do establecemento, aos que definiu como “exemplo de esforzo, constancia e trato próximo para os novos hostaleiros”, sinalando que “souberon manter vivo un espazo que é xa historia da cidade”. Ademais, lamentou o peche do negocio e incidiu na necesidade de apoiar o comercio e a hostalaría tradicional, “porque son os que lle dan identidade, vida e carácter a Santiago”.

PRESENZA DOUTROS REPRESENTANTES POLÍTICOS NO PARADISO

Este encontro produciuse ao longo dunha mañá na que a cafetería Paradiso concentrou tamén a presenza doutros representantes institucionais. O establecemento foi o lugar elixido pola alcaldesa de Santiago e polo conxunto do goberno local para un encontro cos medios de comunicación. Así mesmo, pola cafetería pasaron a concelleira do PSOE local, Marta Abal, e o secretario xeral do PSOE compostelán, Aitor Bouza.

A cafetería Paradiso baixa así o pano tras medio século formando parte da paisaxe cotiá e da memoria recente de Santiago de Compostela, coincidindo coa retirada dos seus propietarios e cunha despedida marcada pola presenza de diferentes responsables políticos da cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here