InicioPOLÍTICAO PP propón crear un rexistro municipal de familias acolledoras

O PP propón crear un rexistro municipal de familias acolledoras

A iniciativa, presentada pola concelleira Yolanda Otero, busca cumprir os acordos plenarios de 2023

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago vén de trasladarlle ao goberno municipal de BNG e Compostela Aberta a proposta de elaborar un Rexistro municipal de familias acolledoras, coa finalidade de dar cumprimento aos compromisos aprobados en pleno nas sesións do 26 de xaneiro e do 30 de novembro de 2023.

A concelleira popular Yolanda Otero explicou que este rexistro funcionaría como unha ferramenta de apoio ás familias acolledoras e como un instrumento para reforzar a protección da infancia e da adolescencia no ámbito municipal. Segundo sinalou, permitiría identificar e apoiar ás familias dispostas a acoller menores en situación de vulnerabilidade, ao tempo que contribuiría a mellorar a oferta de acollemento familiar, garantir a seguridade dos nenos e nenas e fortalecer a coordinación entre administracións públicas e entidades sociais que traballan neste eido.

Dende o PP de Santiago lembran que o goberno local dispón de competencias en materia de protección da infancia, polo que reclaman un maior compromiso na aplicación de políticas con perspectiva de familia, incluíndo medidas específicas para a protección dos menores de idade. Otero subliñou que, na actualidade, existen nenos, nenas e adolescentes cuxos dereitos e necesidades non poden ser atendidos no seu entorno familiar de orixe, e que o acollemento familiar permite ofrecerlles coidados, apoio e seguridade grazas á implicación solidaria doutras familias.

A proposta tamén se contextualiza na conmemoración anual do Día Mundial do Acollemento Familiar, que se celebra cada mes de maio e que serve para visibilizar esta medida de protección dirixida a menores que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade e para os que non resulta posible ou conveniente vivir coa súa familia biolóxica.

Dende o grupo popular reclámase ao executivo local que avance na posta en marcha de medidas concretas e que desenvolva os acordos plenarios xa adoptados, coa creación dun rexistro que, ao seu xuízo, permitiría mellorar a resposta institucional ás necesidades da infancia máis vulnerable no concello de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here