InicioPOLÍTICAO PSdeG alerta de atrasos no pago ao persoal dos centros socioculturais...

O PSdeG alerta de atrasos no pago ao persoal dos centros socioculturais de Santiago

A concelleira socialista Marta Abal denuncia que o persoal do Servizo de Animación e Dinamización leva varios meses sen percibir as nóminas e reclama ao goberno local unha data concreta de cobro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista no Concello de Santiago advertiu este venres da situación que atravesa o persoal do Servizo de Animación e Dinamización dos Centros Socioculturais, que acumula varios meses sen cobrar os seus salarios. A concelleira do PSdeG, Marta Abal, fixo pública a denuncia e sinalou que, a día 3 de xaneiro, continúan pendentes os pagamentos correspondentes aos últimos meses de 2025.

Segundo explicou Abal, as traballadoras e traballadores afectados non percibiron as nóminas desde o mes de outubro. “Estamos a 3 de xaneiro e as traballadoras e traballadores do Servizo de Animación e Dinamización dos Centros Socioculturais seguen sen cobrar as súas nóminas desde o mes de outubro”, afirmou a edil socialista.

A concelleira detallou que existen catro pagamentos pendentes, correspondentes ás mensualidades de outubro, novembro e decembro, así como á paga extraordinaria de decembro. Segundo indicou, o persoal carece de información concreta sobre cando se regularizará a situación. “Falamos de catro nóminas: outubro, novembro, decembro e a paga extra de decembro. A día de hoxe estas persoas non saben cando van cobrar, nin tan sequera saben se se lles vai pagar o que se lles debe”, sinalou.

Desde o PSdeG cualifican a situación como grave e apuntan directamente á responsabilidade do goberno municipal. Abal responsabilizou ao executivo local encabezado pola alcaldesa ‘Goretti Sanmartín‘ pola falta de solucións e pola ausencia de comunicación co persoal afectado.

“Desde o Grupo Municipal Socialista esiximos que o Concello actúe xa, que deixe de mirar para outro lado e dea información inmediata, fixando unha data concreta de pagamento e garantindo que todas as cantidades pendentes se abonarán antes de que remate o mes de xaneiro”, concluíu a concelleira.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here