InicioPOLÍTICAO Concello reforza o diálogo coa veciñanza no Consello Municipal de Relacións...

O Concello reforza o diálogo coa veciñanza no Consello Municipal de Relacións Veciñais

Sanmartín defende a participación cidadá como eixo da acción de goberno e informa dos principais proxectos en marcha nos barrios de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, presidiu unha nova sesión do Consello Municipal de Relacións Veciñais, un órgano concibido para fortalecer a interlocución directa entre o Concello e o movemento veciñal. No encontro participaron representantes do goberno municipal e das asociacións da cidade, nunha xornada centrada na convivencia, a mellora dos barrios e a coordinación das políticas públicas coa cidadanía organizada.

Durante a súa intervención, Sanmartín subliñou que “a participación non é un trámite, é unha maneira de gobernar”, incidindo na vontade do executivo local de consolidar canles estables de comunicación cos barrios. Pola súa banda, a concelleira de Relacións Veciñais, Pilar Lueiro, destacou a utilidade destes consellos para coñecer de primeira man as necesidades e propostas da veciñanza e avanzar nun traballo conxunto co tecido asociativo.

Un dos puntos centrais da sesión foi a presentación do Plan Horizonte Compostela, que conta cunha subvención de 8,7 millóns de euros destinada á transformación da zona noroeste da cidade, abrangendo ámbitos como Almáciga, Vite e Salgueiriños. Segundo se explicou, o plan busca impulsar actuacións orientadas a unha cidade máis sustentable, accesible e inclusiva.

No ámbito da vivenda, abordáronse cuestións como a declaración da Zona de Mercado Residencial Tensionado, o rexistro de soares, a cesión de parcelas municipais para a promoción de vivenda pública e a modificación do Plan Especial da Cidade Histórica, co obxectivo de preservar o uso residencial e favorecer o comercio de proximidade.

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, informou sobre a implantación do imposto sobre estadías turísticas, en vigor desde o mes de outubro. En materia de mobilidade, o goberno local deu conta da chegada do autobús urbano á Almáciga e do proceso de licitación do novo contrato de transporte urbano, que prevé a incorporación de novos vehículos e a mellora das frecuencias.

Tamén se trasladou información relativa á seguridade, a limpeza, a xestión da auga e diferentes actuacións urbanas e rurais en execución, así como sobre proxectos estratéxicos de transformación da cidade, entre eles o concurso internacional do Conector Central, o proxecto Entre Sar e Sarela e a nova iluminación de monumentos da cidade histórica.

Entre os fitos salientados figurou a devolución das estatuas do Pórtico da Gloria que estaban en mans da familia Franco, así como a presentación do informe do Foro de Turismo Sustentable. Ademais, acordouse a representación veciñal no Consello Municipal de Medio Ambiente e recolléronse propostas relacionadas con regulamentos, subvencións, seguridade, taxas e aparcadoiros.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

O Concello presiona a adxudicataria para reactivar as obras da rúa García Lorca

O Concello de Santiago manterá a presión sobre a empresa responsable das obras da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here