InicioPOLÍTICAO pleno de Santiago vota por cuarta vez o pagamento de máis...

O pleno de Santiago vota por cuarta vez o pagamento de máis de 1,3 millóns de euros en facturas municipais

A corporación municipal pronunciarase este luns nun pleno extraordinario sobre un expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito bloqueado ata agora pola falta de acordo político

Publicado o

Xornal de Compostela

A corporación do Concello de Santiago de Compostela volverá debater este luns, 29 de decembro, o pagamento de máis dun centenar de facturas municipais por un importe superior aos 1,3 millóns de euros, nunha votación que se producirá por cuarta vez tras non prosperar nas anteriores sesións plenarias.

O goberno local convocou para esa data un pleno extraordinario cun único punto na orde do día, centrado na aprobación dun expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito. Segundo fontes municipais do Pazo de Raxoi, o expediente abrangue 119 facturas pendentes, correspondentes a servizos xa prestados tanto por pequenos provedores e autónomos como pola empresa concesionaria Viaqua, e que xa foron sometidas a votación nas dúas últimas sesións ordinarias e nun pleno extraordinario celebrado este mes de decembro.

En todas esas ocasións, o resultado foi idéntico: os grupos que integran o Goberno local, BNG e Compostela Aberta, xunto co PSOE, votaron a favor; as concelleiras non adscritas abstivéronse, mentres que o PP votou en contra, impedindo a aprobación do expediente.

O grupo popular xustificou o seu rexeitamento en supostas “gravísimas irregularidades” na parte do expediente correspondente a 26 facturas de Viaqua, todas elas por importes superiores aos 20.000 euros e cunha contía conxunta de 992.395,30 euros. Nesta liña, o PP solicitou formalmente a emisión dun informe preceptivo para avaliar a súa legalidade, aínda que manifestou a súa disposición a aprobar as facturas dos autónomos e pequenos provedores se estas se sometesen a votación por separado.

Esta mesma proposta foi formulada tamén polo edil non adscrito Gonzalo Muíños, que defendeu a conveniencia de desbloquear cando menos a parte do expediente que afecta a provedores de menor tamaño. No último pleno, a alcaldesa, Goretti Sanmartín, amosouse aberta a estudar esa posibilidade, aínda que criticou que a petición non se trasladase antes, en concreto con anterioridade ao pleno extraordinario celebrado o 10 de decembro.

As declaracións da rexedora xeraron malestar tanto en Muíños como no portavoz municipal do PP, Borja Verea, quen sostivo que os populares xa advertiran no mes de novembro de que separar as facturas permitiría desbloquear parte do pagamento.

A pesar deste contexto, o expediente volverá someterse a votación este luns sen división nin modificación algunha. Para que saia adiante, abondaría con que as concelleiras non adscritas cambiasen a súa abstención por un voto favorable, ou con que o grupo popular optase pola abstención, permitindo así a aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito e o correspondente pagamento das facturas pendentes.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PP denuncia a paralización das obras da rúa García Lorca e reclama medidas urxentes para garantir a seguridade viaria

O Grupo Municipal do Partido Popular de Santiago denunciou a situación das obras de...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...