InicioPOLÍTICABouza reclama solucións inmediatas ao colapso do parquing do CHUS

Bouza reclama solucións inmediatas ao colapso do parquing do CHUS

O PSOE compostelán acusa á Xunta de atrasar as respostas necesarias e pide medidas provisionais mentres non se executan as obras comprometidas

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral dos socialistas de Santiago, Aitor Bouza, fixo unha valoración negativa da situación do parquing do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) ao peche do ano 2025 e advertiu de que o ano 2026 comezará sen solucións á vista para un problema que cualificou de estrutural e persistente. Segundo sinalou, os pasos dados pola Xunta de Galicia evidencian que non se executará ningunha actuación efectiva a curto prazo para dar resposta ás necesidades da cidadanía compostelá.

Bouza asegurou que a situación actual supón un prexuízo diario para traballadores e traballadoras, familias e usuarios do hospital, así como para a veciñanza da contorna, debido ao que definiu como un colapso continuado do estacionamento. Na súa intervención, denunciou que as demandas trasladadas polo Partido Socialista desde hai anos non atoparon resposta e que, pola contra, a Xunta optou por incrementar os trámites administrativos sen ofrecer alternativas reais.

Desde o PSOE de Santiago insisten en que é necesario acometer as obras dun parquing en condicións, con capacidade suficiente para dar servizo á actividade asistencial do hospital, pero tamén reclaman a posta en marcha de medidas provisionais inmediatas que permitan aliviar a situación mentres non se materializa a infraestrutura definitiva. Ao seu xuízo, a ausencia destas actuacións está a prolongar un problema que consideran insostible.

O dirixente socialista tamén se referiu ao debate parlamentario arredor deste asunto, no que unha emenda presentada polo seu grupo para dotar o parquing do CHUS dunha partida orzamentaria específica foi rexeitada. Bouza criticou o voto en contra do deputado popular Borja Verea, ao entender que esa decisión impide avanzar con maior rapidez cara a unha solución efectiva.

Finalmente, o secretario xeral do PSOE compostelán reclamou á Xunta que axilice os trámites e cumpra os compromisos adquiridos polo presidente autonómico, Alfonso Rueda, e pediu tamén ao goberno municipal de Santiago que actúe con maior contundencia para esixir responsabilidades á administración autonómica. Segundo Bouza, existen competencias claras en mans da Xunta e unha demanda social evidente que require respostas inmediatas para evitar que o problema se perpetúe no tempo.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here