InicioPOLÍTICAGoretti Sanmartín acusa o PP de bloquear o pagamento de facturas por...

Goretti Sanmartín acusa o PP de bloquear o pagamento de facturas por intereses partidistas

A alcaldesa asegura que os populares condicionaron o seu apoio a unha "desculpa pública" e insiste en que o expediente que irá ao pleno do día 18 é un trámite administrativo sen contido ideolóxico

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago volverá levar ao pleno ordinario do xoves 18 de decembro o expediente para desbloquear o pagamento de facturas a empresas e provedores por servizos xa realizados, segundo avanzou este luns a alcaldesa, ‘Goretti Sanmartín’, nunha rolda de prensa centrada nos asuntos que marcarán a sesión.

A rexedora explicou que o obxectivo é que poidan abonarse uns recibos por un importe superior a 1.300.000 euros, despois de que no pleno do 10 de decembro non saíse adiante a proposta ao votar o Partido Popular en contra e producirse tamén a abstención de concelleiras non adscritas, circunstancia que, segundo Sanmartín, impediu que se fixese efectivo o pagamento.

Sanmartín sostivo que, antes dese pleno, houbo “explicacións claras” e “xestións” por parte do concelleiro de Facenda coa edil popular responsable de asuntos económicos e que esa interlocución foi recoñecida no propio debate plenario. Engadiu, ademais, que ela mesma contactou “personalmente” co portavoz do PP para ofrecerse a aclarar calquera dúbida co propósito de obter apoios que permitisen aprobar o expediente.

Sobre esa negociación, a alcaldesa afirmou que o portavoz do PP lle trasladou como condición para non bloquear o pagamento a esixencia dunha “desculpa pública” por “supostos insultos” ao grupo municipal popular. Sanmartín negou ter proferido eses insultos e referiuse ao que considera unha discrepancia arredor de expresións empregadas tras o pleno, defendendo que cualificar a actuación do PP como “oposición destrutiva” non constitúe, ao seu xuízo, un insulto. “Insultos que, desde logo, nunca se produciron pola miña parte”, manifestou.

A alcaldesa insistiu en que se trata dun trámite “claramente administrativo”, sen contido ideolóxico, e fixo fincapé en que a falta de acordo afecta directamente a empresas e persoal vinculado aos servizos prestados. Tamén advertiu de que o bloqueo, segundo dixo, prexudica o traballo técnico municipal e pode incrementar o período medio de pagamento a provedores, ao incluír facturas que, conforme indicou, proceden de exercicios anteriores.

Na quenda de preguntas, foi interpelada pola posibilidade de separar facturas en distintos puntos de votación como solicitaba o concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños. Sanmartín cualificou esa hipótese de “estraña” e defendeu que “hai que pagalas todas”, indicando que o expediente se tramitará conxuntamente tal e como foi ditaminado na comisión correspondente.

OUTROS ASUNTOS

A rolda de prensa abordou tamén o conflito laboral con Policía Local e Bombeiros. A alcaldesa confirmou que houbo reunións e que no pleno do día 18 se levará un novo pagamento de horas extra, sinalando que o goberno local está a traballar nunha proposta de acordo. Segundo explicou, esta semana podería convocarse unha reunión de carácter sindical na que o executivo presentaría unha proposta “definitiva”, e engadiu que a avaliación de postos de traballo comezará “esta mesma semana”.

Preguntada pola cobertura de servizos e pola vixilancia do túnel do Hórreo, Sanmartín apuntou que a empresa do propio túnel pode asumir determinados aspectos e subliñou a colaboración habitual entre Policía Local e Policía Nacional, sen engadir máis detalles sobre o sucedido na xornada anterior.

VALORACIÓN DA CONCENTRACIÓN DE ALTRI

Por último, a alcaldesa valorou a mobilización celebrada nas rúas de Santiago contra o proxecto de Altri, destacando a participación de “milleiros de persoas” e instando á Xunta a tomar nota do rexeitamento expresado na protesta.

ÚLTIMAS

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

Santiago licita por 1,3 millóns a xestión e a vixilancia do centro para persoas sen fogar de Belvís

O Concello de Santiago vén de aprobar o inicio da licitación de dous contratos...

Borja Verea propón crear unha ‘Casa das Familias’ municipal para ofrecer apoio emocional e orientación en Santiago

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, anunciou este martes a proposta da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here