InicioPOLÍTICAO PP traslada as demandas veciñais de Angrois tras unha reunión coa...

O PP traslada as demandas veciñais de Angrois tras unha reunión coa asociación do barrio

As populares recollen queixas sobre o estado das rúas, a iluminación, o mantemento e a falta de presenza policial na zona

Publicado o

Xornal de Compostela

As concelleiras do Partido Popular de Santiago, Yolanda Otero e Nerea Barcia, mantiveron unha reunión coa Asociación de Veciños de Angrois, na que a entidade lles trasladou diferentes preocupacións relacionadas co estado dos servizos e infraestruturas da zona, cuestións que, segundo expuxeron, están a incidir de maneira directa na vida diaria da veciñanza.

Entre as principais demandas expostas figura a situación da rúa Limpadoiro, onde, segundo explicou Barcia, as veciñas e veciños levan arredor de dous anos solicitando actuacións de mellora no asfaltado. A edil indicou que estas obras foran comprometidas polo goberno municipal para o ano 2024, sen que, ata o momento, se executasen. A esta problemática engádese, segundo trasladou a asociación, a deficiente iluminación da rúa, unha circunstancia que obriga á veciñanza a empregar lanternas para desprazarse, polo que reclaman unha avaliación técnica e a instalación dun sistema de alumeado axeitado.

Durante o encontro tamén se abordou a situación da rúa Canaleto, onde, segundo os representantes veciñais, existen problemas no firme e unha falta xeral de mantemento. A asociación puxo igualmente o foco na escasa presenza policial na zona nos últimos meses, unha circunstancia que, segundo relatan, incrementa a sensación de inseguridade entre a poboación residente.

Outras das cuestións trasladadas fan referencia ás fochancas, así como ao estado de mantemento e limpeza en diferentes puntos da aldea. A veciñanza considera que esta situación require dunha resposta por parte do Concello para garantir condicións adecuadas nos espazos públicos.

Pola súa banda, Yolanda Otero sinalou que estas reclamacións poñen de manifesto a necesidade de atender as demandas do rural compostelán e insistiu en que as actuacións deben basearse na planificación e no cumprimento dos compromisos adquiridos. As concelleiras populares avanzaron que continuarán trasladando estas peticións ao goberno municipal e reclamando intervencións que dean resposta ás necesidades expostas pola veciñanza de Angrois.

ÚLTIMAS

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

Santiago licita por 1,3 millóns a xestión e a vixilancia do centro para persoas sen fogar de Belvís

O Concello de Santiago vén de aprobar o inicio da licitación de dous contratos...

Borja Verea propón crear unha ‘Casa das Familias’ municipal para ofrecer apoio emocional e orientación en Santiago

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, anunciou este martes a proposta da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here