InicioPOLÍTICASanmartín ve posible un acordo entre policías e bombeiros, pero evita anticipar...

Sanmartín ve posible un acordo entre policías e bombeiros, pero evita anticipar se volverán realizar novas horas extra

A alcaldesa anuncio tamén que adiará a votación da taxa do lixo e non a levará ao pleno ordinario desta semana

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, repasou esta mañá no programa ‘Hoy por hoy Santiago’ da Cadena Ser varios dos asuntos, a poucos días dun novo pleno, que marcan a actualidade municipal.

Por unha banda, Sanmartín explicou que o Executivo enviou xa unha nova proposta de acordo aos representantes sindicais de policías locais e bombeiros e que a resposta chegará na reunión prevista para este xoves ás 13:00. Segundo indicou, o Concello quere dar marxe para que os sindicatos analicen “con calma” o documento, que afecta tanto a cuestións legais como económicas. “Hai vontade de chegar a acordos”, afirmou, lembrando que moitas das reivindicacións “veñen de atrás” e están condicionadas pola falta de reposición de persoal.

Sobre as horas extra, a rexedora destacou que esta semana se abonarán as pendentes, mais evitou anticipar se volverán realizarse de inmediato: a prioridade —dixo— é avanzar na negociación e garantir que os servizos estean cubertos. Indicou que, malia a situación, o Concello conta agora cun volume de persoal que permite atender as incidencias cotiás.

No plano fiscal, a alcaldesa confirmou que a suba da taxa de recollida do lixo non irá finalmente ao pleno ordinario desta semana. O Goberno local opta por adiar a votación, á espera de que o PSOE e os concelleiros non adscritos “reflexionen” e valoren un posible acordo. Defendeu que o incremento é unha obrigación marcada pola normativa estatal e polos efectos do imposto autonómico dos residuos —ao que se referiu como “taxazo”—, un escenario que, sinalou, xa está levando a outros concellos a actualizar as súas ordenanzas. Sanmartín advertiu de que non aprobar a ordenanza pode traer sancións ou impedir o acceso a determinados fondos, polo que apelou á “responsabilidade” da oposición.

Durante a conversa, tamén abordou o pronunciamento da Xunta de Facultade de Medicina, que recentemente rexeitou o acordo da Xunta para a descentralización do grao. Sanmartín amosou a súa preocupación e lembrou que para Santiago é fundamental que se preserve o carácter de referencia da Facultade de Medicina existente. O Concello mantén que calquera pacto debe garantir a súa excelencia e evitar decisións que poidan debilitar o sistema universitario galego. Quedará agora pendente do Consello de Goberno da USC, que debe posicionarse este venres.

RELEVO NA FISCALÍA XERAL DO ESTADO

A rexedora referiuse ao relevo na Fiscalía Xeral do Estado e á concentración celebrada o domingo na Praza do Obradoiro en apoio a Álvaro García Ortiz. Sanmartín recoñeceu que existe unha “decepción social” co sistema xudicial, trasladou os seus desexos de éxito á nova fiscal xeral e expresou a esperanza de que a cidadanía recupere confianza na xustiza.

A alcaldesa marchou cun último chamamento: mobilizarse este 25 de novembro contra a violencia machista, un tema no que destacou a importancia da prevención entre a mocidade e das campañas centradas na violencia dixital.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Os non adscritos retiran a demanda contra o PSOE pola súa expulsión

Os catro concelleiros non adscritos de Santiago de Compostela --Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagros...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here