InicioPOLÍTICAGoretti advirte de posibles sancións e recortes en investimentos se a nova...

Goretti advirte de posibles sancións e recortes en investimentos se a nova taxa do lixo segue sen aprobarse

Avisa de que o custo do servizo de recollida de residuos terá que pagarse dunha forma ou outra

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, advertiu de que o custo do servizo municipal de recollida de residuos terá que pagarse estea aprobada ou non a subida da taxa, que, na súa votación inicial, foi tombada onte en pleno cos votos en contra do PP e PSOE e a abstención das concelleiras non adscritas. Ademais desta ordenanza fiscal, o ‘non’ do PP e PSOE tamén evitou a aprobación definitiva da ordenanza de xestión de residuos, que xa obtivera un primeiro visto e prace en abril. A rexedora lembrou este venres que ambas as normativas son, á parte dunha “necesidade”, unha “obrigación legal”.

Preguntada por esta cuestión en declaracións aos medios este venres, Sanmartín realizou un “chamamento á responsabilidade” aos partidos representados na corporación municipal, a quen pide chegar a “acordos” e con quen seguirá dialogando. “Hai moito en xogo”, esgrimiu. En concreto, en relación á subida da taxa, advertiu: “Independentemente do resultado, imos ter que pagar o custo do servizo”. Así, avisou de que o Concello terá que “reducir investimentos noutras cuestións” de non saír adiante.

Outro escenario posible sería o de ser sancionado ao incumprir a Lei de residuos e chans contaminados para unha economía circular, de obrigatorio cumprimento desde abril de 2025, que á súa vez responde a unha directiva europea. Esta foi unha advertencia que xa manifestou no pleno o concelleiro de Facenda, Manuel César, mentres se dirixía aos partidos da oposición: “Serán responsables das sancións que o Goberno vai impor ao Concello”. Coa nova taxa exposta, a tarifa básica seguiría sendo de 6,17 euros, con subidas en catro tramos –vinculados ao valor catastral–, que van desde 0,80 euros mensuais aos 3,20 euros. Sanmartín manifestou que a vontade do seu goberno era alcanzar a “distribución máis xusta entre negocios e domicilios”.

ACORDOS “MOI IMPORTANTES”

Doutra banda, quitando ferro á “énfase” en “elementos negativos”, lembrou que no pleno deste xoves chegáronse a acordos “moi positivos e moi importantes”, como a aprobación inicial dunha modificación das ordenanzas reguladoras de ingresos públicos. Entre outros, esta medida posibilitará aplicar unha recarga de entre o 50 % e o 150 % ao cobro do imposto de bens inmobles (IBI) a vivendas desocupadas que manteñan esa condición durante dous ou máis anos e cuxa propiedade sexa titular de catro ou máis inmobles. Tamén inclúe bonificacións para a vivenda de promoción pública, unha das categorías definidas de vivenda protexida.

ÚLTIMAS

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...