InicioPOLÍTICAO PP esixe a dimisión de Goretti Sanmartín tras o incendio de...

O PP esixe a dimisión de Goretti Sanmartín tras o incendio de Pontepedriña “atendido cunha dotación mínima”

Os populares responsabilizan á alcaldesa do estado do servizo de bombeiros e acúsana de poñer en risco a seguridade da veciñanza

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago fixo público este sábado un comunicado no que critica con dureza a situación do servizo municipal de bombeiros logo dun incendio no que, segundo a formación, só puido acudir unha dotación mínima. No texto, os populares agradecen a actuación dos profesionais do parque compostelán e salientan o apoio recibido dos corpos de Brión e Ordes, que se desprazaron para colaborar na intervención. Desde o PP aseguran que esta coordinación evitou “un escenario de consecuencias máis graves”.

A dirección local popular considera que o episodio evidencia unha “situación límite” no servizo de emerxencias de Santiago, e atribúe a responsabilidade ao goberno municipal formado por BNG e Compostela Aberta, co apoio do PSOE. A formación afirma que o operativo enviado ao lume era “insuficiente” e que esta carencia supón un risco tanto para o persoal como para a veciñanza.

Nun comunicado difundido tras o suceso, o PP cualifica a situación como “caótica” e solicita a dimisión inmediata da alcaldesa ‘Goretti Sanmartín’, á que sinalan como “máxima responsable” do estado do corpo de bombeiros. “O goberno ten a cidade nunha situación límite. ¿Que máis ten que pasar?”, preguntan, denunciando o que consideran unha falta de avances para reforzar o servizo.

Os populares engaden que farán responsable á rexedora “de calquera dano persoal que poida sufrir un cidadán ou bombeiro” en caso de novos incidentes, e acusan o executivo local de “neglixente inactividade” por non resolver un conflito laboral e operativo que o PP interpreta como solvible con “vontade política”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here