InicioPOLÍTICAO PP comprométese a apoiar o pago das horas extra de Bombeiros...

O PP comprométese a apoiar o pago das horas extra de Bombeiros e Policía se “cumpren os criterios de legalidade”

Borja Verea critica a “neglixencia” do Goberno local e alerta de que a falta de persoal “pon en risco a vida dos santiagueses”

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, anunciou este xoves que a súa formación votará a favor do pago das horas extra realizadas por Bombeiros e Policía Local durante o último ano, sempre que o expediente “cumpra os criterios de legalidade”. O asunto está previsto para o pleno de novembro, no que se someterá a aprobación o abono destas cantidades acumuladas.

Todo o que sexa pagarlle as nóminas a funcionarios que fixeron ese esforzo de horas extras non obrigatorias e que non as están cobrando, vai ter por parte do PP todo o apoio, e todo o que sexa para facilitar o pago; loxicamente, sempre que cumpra os criterios de legalidade”, afirmou Verea ante os medios.

A situación afecta especialmente ao parque comarcal de Bombeiros, que leva meses con falta de efectivos e sen cobrar as horas extra acumuladas, o que levou ao persoal a negarse a seguir realizándoas mentres non se resolva o conflito. Tamén a Policía Local se atopa nun contexto similar, á espera de que o Concello e os sindicatos pechen un acordo sobre reforzos e compensacións económicas.

O grupo socialista municipal xa avanzara este mércores que tamén respaldará o pago das horas extra, pero “sempre que os expedientes veñan completos e cos informes preceptivos”.

Verea, pola súa banda, responsabilizou ao Goberno local de BNG e Compostela Aberta de “non ter actuado a tempo” para evitar esta situación, que cualificou de “neglixencia e irresponsabilidade”. Segundo o portavoz popular, a falta de persoal operativo “está a pór en risco a vida dos santiagueses”.

Ter o parque inoperativo significa que, ante unha emerxencia, o tempo de reacción amplíase. Se teñen que vir de Boiro, Ordes ou Brión, tardan en chegar”, advertiu, engadindo que “unha diferenza de cinco, dez ou vinte minutos salva vidas”.

O PP compostelán reclama así que o executivo municipal acelere as negociacións cos sindicatos e adopte medidas “urxentes” para recuperar a operatividade dos servizos de emerxencias. “Que fixeron nestes dous anos e medio?”, cuestionou Verea, insistindo en que a prioridade debe ser garantir a seguridade cidadá e resolver o pago pendente ao persoal municipal.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...