InicioPOLÍTICAO PSdeG critica que a nova licitación dos Centros Socioculturais supón "un...

O PSdeG critica que a nova licitación dos Centros Socioculturais supón “un paso atrás” en inclusión e calidade

A concelleira socialista Marta Abal cuestiona a eliminación da reserva para Centros Especiais de Emprego e a falta de concreción nas horas de animación e actividades tecnolóxicas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela expresou a súa preocupación pola nova licitación dos servizos da rede de Centros Socioculturais, promovida polo goberno local que encabeza Goretti Sanmartín. A concelleira Marta Abal advertiu de que o novo modelo “supón unha involución social e unha perda de calidade nos servizos municipais”.

Segundo explicou Abal, o principal motivo de discrepancia é a eliminación da reserva do lote de información e atención ao público para Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, unha medida introducida na pasada lexislatura baixo o executivo socialista. A edil cualificou este cambio como “un paso atrás na inclusión laboral das persoas con discapacidade”, e lembrou que “a contratación pública estable e plurianual é unha das mellores ferramentas das administracións para avanzar na integración laboral real”.

A representante socialista tamén sinalou carencias na planificación do servizo, entre elas “a falta de concreción das horas de animación e monitorado por centro, con cotas específicas para o rural, e a ausencia de especialización nas actividades vinculadas ás novas tecnoloxías”. Ao seu xuízo, estas deficiencias “poden repercutir negativamente na calidade e no equilibrio territorial da oferta sociocultural”.

O grupo municipal destaca ademais que o orzamento da licitación aumenta en preto de 700.000 euros, o que supón un incremento do 32 % respecto ao contrato anterior, sen que este incremento “veña acompañado de melloras contrastadas en calidade, cobertura ou indicadores de impacto”. “Gastar máis non significa gastar mellor”, advertiu Abal, quen tamén alertou do risco da subcontratación das actividades tecnolóxicas, por poder dificultar o control e reducir a especialización do persoal.

Dende do PSdeG insisten en que a contratación pública debe responder a criterios de inclusión, calidade e equilibrio territorial, principios que, segundo sosteñen, “non quedan garantidos” nesta nova licitación promovida polo executivo do BNG.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

Verea reclama medidas urxentes para apoiar a industria turística de Santiago

O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, mantivo unha xuntanza con arredor de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here