InicioPOLÍTICAUCIN rexeita a reordenación das liñas de autobús entre Santiago e o...

UCIN rexeita a reordenación das liñas de autobús entre Santiago e o Barbanza e advirte de mobilizacións

A formación denuncia que a proposta da Xunta “amputa o transporte público no rural galego” e deixa incomunicadas parroquias de Rianxo

Publicado o

Xornal de Compostela

UCIN Galicia fixo público o seu rexeitamento frontal á proposta da Xunta de Galicia para eliminar ou reducir de forma substancial as liñas de autobús entre Santiago de Compostela e a comarca do Barbanza, unha medida que —segundo sinalan— “profundará na marxinación do rural e limitará o acceso a servizos básicos de milleiros de galegos e galegas”.

Segundo os datos difundidos pola formación, a reestruturación do servizo afectaría directamente ás parroquias de Araño, Leiro, Isorna e Asados, no concello de Rianxo, que perderían a conexión directa coa capital galega, mentres que noutras zonas o número de frecuencias se reduciría máis dun 80 %. Para UCIN, isto supón deixar “sen alternativas reais de mobilidade” a persoas maiores, estudantes e traballadores que dependen do transporte público para desprazarse.

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, cualificou a proposta de “inadmisible” e advertiu de que o partido “non permitirá que se consolide este recorte”. “Esta decisión non é unha reorganización, é unha amputación do transporte público no rural galego. Estanse a condenar parroquias enteiras ao illamento”, declarou. Calo engadiu que UCIN Galicia está disposta a liderar mobilizacións se o proxecto non se retira.

Entre as súas demandas á Xunta, o partido reclama a retirada inmediata do plan, a creación de mesas de diálogo cos concellos e a veciñanza, e a elaboración dun plan de mobilidade inclusivo e adaptado ao rural galego, con máis liñas e frecuencias nos núcleos periféricos.

A formación tamén manifestou o seu apoio ás plataformas veciñais que se están a mobilizar contra a medida, como a Asociación Leoira de Rianxo, promotora dunha recollida de sinaturas para frear a perda de servizos. “Galicia non se defende dende un despacho en San Caetano, deféndese na estrada, nos autobuses, nos colexios e nos hospitais. E alí é onde estará UCIN Galicia”, concluíu Calo.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...

O PSOE reclama utilizar as 12 prazas vacantes da UMAD para reforzar Bombeiros e Policía Local

Os concelleiros socialistas Marta Abal e Gumersindo Guinarte reclamaron esta mañá unha reacción “inmediata”...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here