InicioPOLÍTICABorja Verea afirma que o Goberno galego incrementará o Estatuto da Capitalidade...

Borja Verea afirma que o Goberno galego incrementará o Estatuto da Capitalidade nos orzamentos de 2026

O líder do PP compostelán defende que a Xunta “mantén o compromiso con Santiago e con Galicia” e critica o “mercadeo de cifras” do BNG e CA

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, asegurou este xoves que está “convencido de que o Goberno galego terá unha especial sensibilidade” co Estatuto da Capitalidade nos orzamentos autonómicos de 2026. O tamén deputado no Parlamento de Galicia explicou que trasladou esta petición ao conselleiro de Facenda, co obxectivo de que a Xunta “marque a diferenza na cidade fronte a un goberno local paralizado e superado”.

Verea lembrou que o pasado ano o Estatuto da Capitalidade experimentou “a maior suba dos últimos quince anos”, cun incremento superior ao do propio orzamento autonómico. Nesa liña, reivindicou o compromiso do Executivo presidido por Alfonso Rueda coa cidade de Santiago, que considera “non só unha capitalidade legal, senón tamén sentimental, pola súa relevancia simbólica como cidade de todos os galegos”.

O líder popular compostelán acusou ao goberno municipal de BNG e CA de realizar un “mercadeo de cifras irresponsable” e de fomentar “a bronca pola bronca”. Ademais, apuntou que nas últimas semanas “quedou demostrado que son incapaces de ceder terreos para construír vivenda pública, antepoñendo intereses partidistas aos intereses dos veciños que buscan un fogar”.

Verea insistiu en que o incremento da achega autonómica a Santiago “é unha mostra do compromiso real da Xunta coa cidade” e avanzou que espera que esa tendencia se consolide no proxecto orzamentario do vindeiro ano.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...