InicioPOLÍTICABorja Verea acusa os edís non adscritos de “xogar cos cidadáns” tras...

Borja Verea acusa os edís non adscritos de “xogar cos cidadáns” tras o seu fallido intento de moción de censura

O voceiro do PP critica a perda de comercios en Santiago e reclama unha concellería específica de industria

Publicado o

Xornal de Compostela

O voceiro do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, criticou con dureza a actitude dos concelleiros non adscritos tras o episodio da suposta moción de censura que propuxeran nos últimos días. En declaracións realizadas na Cámara de Comercio de Santiago, Verea lembrou que “os que fixeron unha oferta foron eles, sen interpretacións nin matices, propoñendo diante de toda a cidadanía unha moción encabezada por Mercedes Rosón”, pero que “24 horas despois se retractaron”.

O portavoz popular cualificou esta situación de “falta de seriedade” e acusou os non adscritos de “xogar cos cidadáns, cos medios de comunicación e co interese da cidade”. Engadiu que, se a intención dos non adscritos é crear un novo partido político, “están empezando moi mal”. “Eu teño todo o respecto persoal e político por todos os concelleiros da corporación, pero o que non se pode é facer unha proposta desa trascendencia política e despois retractarse sen explicacións”, afirmou.

Preguntado sobre se manterá contactos cos non adscritos, Verea asegurou que o PP respondeu “como hai que facer, con luz e taquígrafos diante de toda a cidadanía” e que “onde non hai seriedade é moi difícil construír”. En clave electoral, avanzou que as municipais de 2027 serán, ao seu xuízo, “as eleccións máis sinxelas da historia da cidade”, cunha disxuntiva entre “unha opción con Goretti, Mercedes, Bugallo e compañía, que se levan mal e teñen a cidade como a teñen” e “unha opción coherente, solvente e xenerosa que aspira a transformar Santiago e levala ao futuro que se merece”.

VEREA PROPÓN UNHA OFICINA DE CAPTACIÓN DE INVESTIMENTOS E UNHA CONCELLERÍA DE INDUSTRIA

O encontro de Verea coa Cámara de Comercio contou coa presenza do vicesecretario económico do PP, Juan Bravo, e serviu tamén para abordar os retos económicos e industriais de Santiago. O portavoz popular alertou de que “no último ano perderonse máis de cen comercios” e que a capital galega “segue a ser a cidade galega cunha menor porcentaxe industrial no seu PIB, moi por debaixo da media autonómica”.

Ante esta situación, o PP compostelán propón crear unha oficina municipal de captación de investimentos, encargada de atraer e facilitar a implantación de proxectos empresariais, e un fondo de capital risco local destinado a apoiar iniciativas que xeren emprego e valor engadido. Ademais, Verea reclamou que o Concello conte cunha Concellería de Industria “dedicada en exclusiva a mellorar o tecido produtivo e incrementar o peso da industria na economía da cidade”.

VEREA ACUSA AOS NON ADSCRITOS DE “RETRACTARSE”

O líder do PP en Santiago, Borja Verea, acusou aos concelleiros non adscritos –os exsocialistas Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Milagres Castro e Marta Álvarez– de “facer unha oferta para despois retractarse” ao redor dunha posible moción de censura contra o goberno bipartito de BNG e Compostela Aberta. Neste sentido, lamentou que “onde non hai seriedade é moi difícil construír”.

Este asunto cobrou actualidade na xornada do mércores despois de que os concelleiros non adscritos –o catro edís expulsados do PSOE– asegurasen que só apoiarían unha con Mercedes Rosón como candidata.

Tras iso, tanto o portavoz o PP de Santiago como o presidente provincial, Diego Calvo, explicaron que o PP estaba aberto a explorar todas as posibilidades e o propio Verea fixo unha proposta na que aceptaba dar a alcaldía a Rosón para constituír un “goberno de emerxencia”.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here