InicioPOLÍTICAO PSOE critica a parálise da Comisión do Ciclo Integral da Auga...

O PSOE critica a parálise da Comisión do Ciclo Integral da Auga e alerta da posible perda de 80.000 euros en fondos municipais

O grupo socialista reclama ao Goberno local que convoque a comisión creada en 2024 e que informe sobre o estudo encargado á Universidade da Coruña para definir o modelo de xestión da auga en Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela advertiu este mércores da “falta total de avances” na Comisión do Ciclo Integral da Auga, órgano creado en 2024 para analizar o modelo máis eficiente e sustentable de xestión do servizo municipal. A concelleira Marta Abal e o voceiro Gumersindo Guinarte compareceron en rolda de prensa para reclamar a convocatoria urxente da comisión e información sobre o estudo encargado á Universidade da Coruña, financiado con 80.000 euros de remanentes de tesouraría de 2023.

Segundo explicou Abal, “xa pasou máis dun ano desde a primeira e única reunión” e o Goberno local “incumpre o acordo de xullo de 2024”, que establecía que a comisión debía reunirse polo menos cada tres meses. A socialista lembrou que os fondos reservados para o estudo “debían executarse antes do 31 de decembro de 2024” e advertiu de que, se non se empregaron, “esos 80.000 euros poderían perderse”.

O grupo socialista vincula esta inacción co deterioro do servizo de abastecemento e saneamento, especialmente no rural compostelán, e coa súa repercusión nas contas municipais. Abal lembrou que o Concello tivo que asumir “pagos por case cinco millóns e medio de euros” en concepto de actualizacións de tarifas e sobrecustos de instalacións non incluídas no contrato entre 2010 e 2020, o que, segundo indicou, “reflicte o claro desequilibrio económico do servizo”.

Tamén reclamou avances no protocolo asinado coa Xunta de Galicia para actuacións vinculadas ao novo aparcadoiro do Clínico, que prevé investimentos de cinco millóns de euros (3,5 millóns achegados pola Xunta e 1,5 polo Concello). “Nada sabemos deste convenio, nin sequera se chegou a formalizar”, lamentou Abal, subliñando a necesidade de acometer obras de renovación e ampliación da rede de auga e saneamento.

Pola súa banda, Gumersindo Guinarte insistiu en que “non facer nada non é unha opción” e advertiu de que, mentres o Goberno local non convoque a comisión nin dea explicacións, o grupo socialista “non iniciará negociacións sobre novos orzamentos”. Guinarte engadiu que o PSOE manterá unha oposición “construtiva, pero firme”, e descartou “apoiar ningunha moción de censura que permita un goberno do Partido Popular en Santiago”.

Abal concluíu reclamando que o Concello “garanta o cumprimento dos contratos” e poña fin ás deficiencias detectadas, como “averías constantes ou o mal funcionamento dos contedores marróns”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PP denuncia a paralización das obras da rúa García Lorca e reclama medidas urxentes para garantir a seguridade viaria

O Grupo Municipal do Partido Popular de Santiago denunciou a situación das obras de...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here