InicioPOLÍTICAO BNG pide traspasar o tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña...

O BNG pide traspasar o tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña para crear una senda verde en Ames

Publicado o

Xornal de Compostela

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, propuxo ao Ministerio de Transportes e a Adif o traspaso do tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña ao Concello de Ames para convertelo nunha senda verde.

Segundo detallaron os nacionalistas nunha nota de prensa, Rego cuestiona ao departamento estatal se recibiu solicitude do Goberno local e se estaría disposto a proceder ao traspaso. Así, o Bloque destacou que a súa posta en valor permitiría xerar un novo espazo para a mobilidade sustentable e unha oportunidade para a dinamización do territorio.

FIBRA ÓPTICA A FONSAGRADA

Doutra banda, o parlamentario do Bloque demandou ao Executivo central que leve a cabo todas as medidas que permitan asegurar a igualdade e a transparencia nos procesos de despregamento de fibra óptica que está a desenvolver no municipio lucense da Fonsagrada. Para Rego, este proceso non pode implicar unha maior dificultade dos veciños para acceder á banda ancha nas súas vivendas, negocios e empresas.

Nesta liña, a organización nacionalista denunciou que non se está realizando a conexión, mesmo con vivendas próximas á rede, “de forma absolutamente discriminatoria e desigual”.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...