InicioPOLÍTICAVerea propón cinco medidas para mobilizar a vivenda baleira en Santiago

Verea propón cinco medidas para mobilizar a vivenda baleira en Santiago

O líder popular critica a suba do IBI anunciada polo goberno local e aposta por incentivos e rehabilitación

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, presentou un paquete de cinco medidas co obxectivo de “mobilizar a vivenda baleira e devolvela ao mercado”. A proposta pretende diferenciarse das políticas impulsadas polo goberno municipal formado por BNG e Compostela Aberta, con apoio do PSOE, ás que acusou de basearse en “castigar, prohibir e subir impostos”.

Entre as propostas do PP destaca a opción de bonificar ou reducir o IBI ás persoas propietarias que destinen os seus pisos ao alugueiro con prezos asumibles e contratos de longa duración. Verea subliñou que esta medida encaixa no marco da Lei de Facendas Locais e considera que “é máis incentivadora que subir impostos”.

O líder popular tamén apostou por subvencionar rehabilitacións a cambio de alugueiros asequibles, coa finalidade de facilitar que inmobles en mal estado poidan reincorporarse ao mercado. Outra das medidas sería a creación dun Banco Público de Vivenda, no que o Concello funcionaría como garante das rendas, ofrecendo maior seguridade aos propietarios.

Ademais, propuxo permitir a conversión de baixos comerciais en vivendas, especialmente en barrios como Conxo e Santa Marta, onde moitos locais permanecen sen actividade desde hai décadas. Xunto a isto, pediu que se prioricen as licenzas de obra e rehabilitación para vivendas antigas, co fin de dinamizar o parque residencial.

Nunha crítica directa ao executivo local, Verea cuestionou a recente operación de venda de 8.000 m2 de solo público a promotoras privadas. Segundo explicou, ese chan podería destinarse a vivenda 100% pública, cun prezo estimado de 100.000 euros para pisos de 80 m2, fronte aos 180.000 euros que calcula para as vivendas promovidas polo actual goberno.

Por último, apuntou aos datos de 2024, ano no que se rexistrou “o maior incremento interanual do prezo do alugueiro da serie histórica en Santiago”. Para Verea, a situación actual evidencia a “nefasta xestión” dos gobernos municipais encabezados polo BNG, CA e PSOE, responsables, segundo el, de que “non existan hoxe vivendas a prezo asequible” na cidade.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here