InicioPOLÍTICAA xuíza arquiva a causa do caso Desproi contra Bugallo e a...

A xuíza arquiva a causa do caso Desproi contra Bugallo e a súa xunta e mantén investigado só a Pichel

O Xulgado de Instrución número 1 de Santiago acorda o sobresemento provisional para o exalcalde e os demais concelleiros ao non apreciar indicios de delito

Publicado o

Xornal de Compostela

A maxistrada Ana López Suevos decretou o sobresemento provisional da causa aberta polo coñecido caso Desproi respecto do exalcalde Xosé Sánchez Bugallo e a súa xunta de goberno, ao considerar que non hai indicios de prevaricación nin de tráfico de influencias. A investigación mantense unicamente contra o exconcelleiro de Medio Rural José Manuel Pichel, imputado por un posible delito de participación en negociacións prohibidas.

A resolución, con data do 25 de setembro, coincide coa xornada na que Bugallo acudiu ao xulgado para declarar como testemuña. O procedemento, que será elevado ao Tribunal do Xurado, seguirá só contra Pichel. A xuíza subliña que “as irregularidades detectadas no expediente administrativo carecen da gravidade suficiente como para consideralas constitutivas dun delito de prevaricación” e descarta manter na causa a Bugallo e aos concelleiros Milagres Castro, Gumersindo Guinarte, Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Marta Abal, Esther Pedrosa e José Luís Fernández, así como á propia empresa Desproi Promocións SL.

O caso remóntase a 2021, cando Pichel formaba parte do goberno socialista presidido por Bugallo. A entón concellaría de Medio Rural trasladou as súas oficinas ao polígono de Costa Vella, nunha nave arrendada a Desproi, compañía da que Pichel era socio a través da mercantil Gaia. O edil presentou a súa dimisión tras revelarse a súa vinculación coa empresa. Máis tarde recoñeceu ter cometido un “erro considerable” por non informar da súa participación societaria ao alcalde nin á xunta de goberno, aínda que asegurou que actuou “sen mala fe”.

A denuncia que deu inicio ao proceso fora presentada polo PP de Santiago, dirixida inicialmente contra todos os membros do executivo local.

En relación coa decisión xudicial, a actual alcaldesa, Goretti Sanmartín, foi consultada este sábado pero evitou facer unha valoración ao indicar que aínda non recibiu a resolución. “Eu creo na xustiza e cando fala, o resto da xente o que temos que facer é acatar esas sentenzas”, declarou.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...