InicioPOLÍTICAO BNG reclama un servizo médico permanente no aeroporto da Lavacolla

O BNG reclama un servizo médico permanente no aeroporto da Lavacolla

Néstor Rego pide a Aena medidas urxentes tras un incidente cun menor en agosto

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG instou a garantir un servizo médico público e permanente no aeroporto de Santiago de Compostela a través dunha iniciativa rexistrada no Congreso dos Deputados. O deputado nacionalista Néstor Rego alertou da situación actual, que considera insuficiente, e pediu á entidade xestora aeroportuaria Aena que adopte medidas inmediatas para reforzar a atención sanitaria no Rosalía de Castro.

Rego advertiu de que o recorte de persoal facultativo no aeroporto pode supoñer riscos en situacións de emerxencia, e puxo como exemplo a asistencia prestada o pasado 27 de agosto a un menor con problemas respiratorios, un suceso que, segundo explicou, “permite exemplificar a importancia do servizo médico e pon de manifesto as súas actuais deficiencias”.

Desde o grupo parlamentario nacionalista entenden que a presenza de profesionais sanitarios de forma continuada é fundamental nunha infraestrutura pola que pasan miles de pasaxeiros cada día. Por iso, consideran necesario que se garanta unha cobertura médica estable, con medios suficientes para facer fronte a posibles incidencias tanto no interior do aeroporto como nas instalacións anexas.

O BNG defende que a prestación deste servizo debe ser pública e permanente, co obxectivo de garantir a seguridade dos viaxeiros e traballadores. A súa reclamación será debatida no Congreso, onde instan ao Goberno a instar a Aena a reforzar e consolidar os recursos sanitarios no Rosalía de Castro.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...