InicioPOLÍTICAo PP de Santiago esixe a dimisión de Xan Duro por supostos...

o PP de Santiago esixe a dimisión de Xan Duro por supostos atrasos nas nóminas

Os populares denuncian que os traballadores levan dous meses sen cobrar e acusan ao Concello de desviar fondos destinados a investimentos.

Publicado o

Xornal de Compostela

O PP de Santiago reclamou este luns a dimisión do concelleiro de Mobilidade, Xan Duro, tras denunciar que os traballadores dos centros socioculturais da cidade levan dous meses sen cobrar as súas nóminas. O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, afirmou en rolda de prensa no Pazo do Raxoi que esta situación evidencia a “lamentable xestión” do concelleiro e asegurou que a falta de pagos está a afectar o desenvolvemento das actividades programadas nos centros. Ademais, acusou ao Concello de desviar 100.000 euros dos orzamentos destinados a investimentos nos centros para outros fins.

De la Fuente sinalou que o PP solicitou acceso aos expedientes e informes técnicos e xurídicos sobre o servizo, pero que non recibiron resposta por parte do consistorio, polo que tamén pediron á alcaldesa Goretti Sanmartín que se involucre directamente para asegurar que se poida levar a cabo a licitación do procedemento.

En resposta ás acusacións, a portavoz do Goberno municipal, Míriam Louzao, afirmou que o expediente do novo contrato dos traballadores “está na súa fase final” e que non teñen constancia de nóminas sen pagar. Louzao explicou que se están a agardar os últimos informes precisos para poder iniciar a licitación e que se confía en que nos próximos días se poida pór en marcha o proceso.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

Verea reclama medidas urxentes para apoiar a industria turística de Santiago

O portavoz do PP de Santiago, Borja Verea, mantivo unha xuntanza con arredor de...