InicioPOLÍTICAO PP de Santiago acusa ao goberno local de inacción polos cortes...

O PP de Santiago acusa ao goberno local de inacción polos cortes de auga nos Pexigos

Adrián Villa critica que seis meses despois das denuncias veciñais continúan as avarías na rúa do Pisón

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago volveu poñer sobre a mesa os problemas de subministro de auga na zona dos Pexigos, no casco histórico compostelán. O concelleiro Adrián Villa sinalou directamente ao goberno municipal do BNG como responsable da situación, logo de que a pasada semana se rexistrasen ata dous cortes no mesmo día na rúa do Pisón.

Segundo lembrou Villa, os populares xa visitaran este enclave en marzo ante os repetidos cortes, denunciando a situación tanto nos medios como no Pleno municipal, no que tamén interveu a propia veciñanza para reclamar medidas urxentes. Con todo, asegurou que “seis meses despois non se levou a cabo ningún tipo de actuación” que evite a repetición destas avarías.

“Non é de recibo que, en pleno século XXI e no centro de Santiago, as veciñas e veciños sufran continuos cortes de auga motivados pola rotura das tubaxes”, manifestou o edil. Villa criticou que o executivo local se limite a “pequenos arranxos que non son solución de nada”, xa que “un día tapan un burato e ao seguinte rompe uns metros máis alá”.

O concelleiro popular insistiu en que a situación é “caótica e incomprensible” para unha parte da cidadanía que “paga os seus impostos e non pode realizar nin as tarefas máis básicas nos fogares”. Ademais, lembrou que o goberno local leva máis de dous anos de mandato “sen avanzar no novo contrato de xestión do servizo municipal da auga”, que continúa pendente de estudos.

Villa reclamou ao executivo municipal que actúe de maneira inmediata para poñer fin a uns cortes que, segundo o PP, seguen a prexudicar gravemente á veciñanza da zona histórica.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here