InicioPOLÍTICAO goberno de Santiago defende os avances do mandato e promete que...

O goberno de Santiago defende os avances do mandato e promete que a cidade “non será igual en 2027”

Goretti Sanmartín e María Rozas fixeron balance dos dous primeiros anos de lexislatura e reivindicaron medidas en vivenda, servizos sociais, mobilidade, medio ambiente e participación cidadá

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O equipo de goberno de Santiago de Compostela fixo balance este luns dos dous primeiros anos de mandato, cunha rolda de prensa na que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenente de alcaldesa, María Rozas, repasaron as medidas executadas e anunciaron novos proxectos para a segunda metade da lexislatura. A comparecencia tivo lugar no propio Pazo de Raxoi, actualmente en obras, co resto do executivo municipal presente como mostra de unidade.

Sanmartín enumerou as principais actuacións desenvolvidas neste tempo, entre elas o desbloqueo urbanístico da operación Peleteiro, a aprobación da primeira taxa turística legal, a moratoria para novos negocios turísticos, a baixada no número de pisos turísticos, ou a creación do primeiro servizo de acompañamento LGTBIQ+ no municipio. Tamén destacou investimentos en infraestruturas deportivas, como o novo pavillón de Vite, e en mobilidade, con proxectos como o novo contrato de transporte urbano e o acordo coa Xunta para mellorar os accesos ao CHUS.

No ámbito ambiental, fixo referencia á nova depuradora, á creación de 10.000 metros cadrados de zonas verdes, ou á aposta pola renaturalización urbana. Sanmartín tamén puxo o foco no traballo en vivenda, coa activación do rexistro de solares, o avance no plan especial do Camiño ou a próxima declaración de Santiago como zona residencial tensionada. “Estamos tomando decisións estruturais. Os datos obxectivos impóñense e xa se comezan a ver resultados”, asegurou.

A alcaldesa sinalou ademais que o goberno local traballa en iniciativas como o Plan Municipal de Saúde, incluíndo saúde mental, ou o FAI Horizonte Compostela, un proxecto para barrios como Vite, Almáciga e Utrela con dotacións como un novo pavillón, espazos para mocidade e actuacións de carácter cultural e ambiental. Tamén avanzou que se modificará o Plan Especial sobre Usos para limitar a implantación de tendas de souvenirs e negocios automatizados no centro histórico.

Pola súa parte, María Rozas fixo fincapé en que este foi “o mandato do social”, cunha aposta decidida pola xustiza sociale a mellora da calidade de vida da veciñanza. Afirmou que o Concello atendeu en 2024 a 22.000 persoas a través dos servizos sociais, unha cifra só superada no ano da pandemia. “Non é que a situación socioeconómica sexa peor, é que temos un modelo que entende os dereitos sociais como universais”, dixo Rozas, quen tamén remarcou que Santiago é a cidade galega que máis fondos destina por crianza ás bolsas de comedor escolar.

Outros exemplos que puxo foron o reforzo da Unidade de Atención a Migrantes, a mellora do Servizo de Axuda no Fogar ou a creación dun campamento de conciliación para menores de 12 anos. Rozas sinalou que moitas destas actuacións se fixeron asumindo competencias que corresponden á Xunta de Galicia, como no caso do SAF. “Facémolo porque máis alá das competencias están as persoas”, subliñou.

En materia de mobilidade, a primeira tenente de alcaldesa apuntou que está aprobado un Plan de Mobilidade Urbana Sostible e xa se traballa en novas liñas de bus, carrís bici e unha conexión directa co aeroporto. Tamén se referiu aos proxectos de reforma de centros socioculturais, como o de Vite, ou a apertura de novos espazos como a Casa das Máquinas.

Ambas representantes coincidiron en que o goberno “non se deixa despistar polo ruído” e segue a traballar con “decisións valentes e a medio prazo”. Sanmartín asegurou que o seu equipo “veu para quedar” e que Compostela “non será igual en 2027 nin en 2031”. Con esta mensaxe, pechou unha comparecencia na que tamén reivindicou a recuperación de espazos públicos, o apoio ao comercio local e a celebración de festas como as da Ascensión e o Nadal, que cualificou de “históricas”.

Rozas concluíu que, malia que “queda moito por facer”, están convencidas de que ao final do mandato poderán afirmar que Santiago é “mellor que en 2023”.

ÚLTIMAS

A USC en mans de mulleres: catro candidatas se presentan para reitoras tras a retirada de Mar Lorenzo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here