InicioPOLÍTICAVerea acusa ao goberno de Santiago de “desleixo” e demanda actuacións urxentes...

Verea acusa ao goberno de Santiago de “desleixo” e demanda actuacións urxentes en barrios como Guadalupe

O líder popular percorre coas asociacións veciñais distintas zonas da cidade para denunciar o estado do espazo público

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, continúa coas visitas aos distintos barrios e parroquias da cidade co obxectivo de recoller demandas veciñais e visibilizar o que cualifica como un “abandono” por parte do goberno local. Esta semana foi a quenda do barrio de Guadalupe, onde estivo acompañado polos concelleiros Olaya Otero e Adrián Villa e membros da asociación veciñal, que lle trasladaron preocupacións relacionadas coa accesibilidade, a seguridade viaria ou o estado do espazo público.

Durante a visita, Verea afirmou que “é evidente o desleixo do goberno nacionalista”, ao tempo que denunciou “a deterioración xeneralizada das rúas e a falla de investimentos comprometidos que nunca se executan”. Entre os exemplos sinalados polo líder popular destacan a ausencia de beirarrúas en zonas céntricas ou a falta de prazas de aparcamento, cuestións que, segundo el, deberían estar resoltas nunha cidade como Santiago.

O portavoz do PP compostelán apuntou tamén que “non se pode gobernar dándolle as costas á xente nin ignorando as súas necesidades máis básicas”, e advertiu que esta situación está a xerar un “malestar veciñal xeralizado”. A súa formación, asegurou, continuará percorrendo os barrios para recoller inquedanzas e “ofrecer alternativas realistas e efectivas”.

Entre os puntos sinalados por Verea durante as súas intervencións figuran tamén os barrios de Vidán, Meixonfrío, Fontiñas ou Avenida de Barcelona, onde, segundo o PP, hai beirarrúas rotas, problemas de mantemento e insuficiencia nos servizos de limpeza. Esta diagnose compleméntase cunha crítica ao modelo de xestión actual, que cualificou de “tripartito sen rumbo” e ao que responsabiliza do que define como “paralización preocupante”.

O deputado autonómico concluíu preguntándose “ata onde pode chegar o desleixo do actual goberno local”, e advertiu da “necesidade dun cambio de rumbo” na xestión municipal para evitar, segundo o seu criterio, que barrios como Guadalupe continúen a sufrir un “proceso de degradación progresiva”.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here